26/09/2008 O vindeiro martes remata o prazo para o pago voluntario do IBI O departamento de recadación do Concello de Redondela informa que o vindeiro martes remata o prazo para o pagamento, en período voluntario, do Imposto sobre Bens Inmobles. Aquelas persoas que non teñan abonado o seu recibo poden facelo a través das entidades colaboradoras Caixanova e Caixa Galicia.
26/09/2008 O Infobús de Xuventude sae mañá de novo á rúa O Infobús estará hoxe instalado na Praza de América para que todos os mozos e mozas podan realizar as xestións nas que estean interesados. Permancerá nesa ubicación de 10.00 a 13.30 horas.
20/09/2008 Os VI Encontros Mondariz-Balneario centraranse nas perspectivas de América Latina
A sexta edición dos Encontros Mondariz-Balneario, organizados pola Fundación Carlos Casares, abordará as perspectivas de América Latina do 23 ao 25 de setembro.
Entre os convidados, atópanse Jorge Verstrynge Rojas, Juan Emilio Cheyre, Javier Carrión, Pedro Puy Fraga, Iván de la Nuez, José Vidal Beneyto, Luis Esteba González Manríquez e Xosé Carlos Arias, que se desprazarán ata o concello pontevedrés para falar de Venezuela, dos exércitos democráticos, do caso nicaraguano, das institucións e mercados de América Latina, da relación entre os intelectuais e a revolución, das políticas neoliberais en América Latina, do nacionalismo e o marxismo...
17/09/2008 O concello de Redondela adxudica as prazas de conserxe dos pavillóns de Chapela e Redondela O concello de Redondela resolveu o concurso de conserxes paras os pavillóns de Redondela e Chapela, quedando coas tres mellores puntuacións: Bernardo Cobián Darrosa (11 puntos), Miguel A. González Sánchez (10´5 puntos) e Julio Martínez Táboas (10 puntos). O primeiro deles é o proposto para o posto do pavillón de Redondela, mentres que os seguintes son os seleccionados para cubrir o posto do pavillón de Chapela.
16/09/2008 A Plataforma en contra da autovía alega contra o plan Vigo Íntegra O colectivo redondelán en contra da autovía, acompañando a outros colectivos do entorno de Vigo, presentou as súas alegacións contra o plan da consellería de Política Territorial, Vigo Íntegra, na mañá deste martes, nas dependencias da Xunta de Galicia situada na praza da Estrela de Vigo. O plan recolle a Conexión da A-57 co aeroporto de Peinador, infraestructura a que está oposta a Plataforma redondelá.