Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda
Picasso, Desiree Dolron, Juan Muñoz, Maruja Mallo, Óscar Domínguez, Jaume Plensa ou Rubén Ramos

‘O espello cotián’ ofrece en Pontevedra e Vigo unha achega ás mellores pezas da Colección Caixa Galicia

por Vm - 02/07/2008

Hoxe ábrese ao público, simultaneamente nas sedes da Fundación Caixa Galicia en Vigo e Pontevedra, a exposición ‘O espello cotián. Colección Caixa Galicia’, unha selección das mellores pezas artísticas adquiridas recentemente pola entidade galega.

Esta escolma, que amosará algunhas obras nunca antes exhibidas, relaciona e vincula unha das temáticas máis referenciais da arte, a figura humana e a súa representación, para o que propón unha serie de temas complementarios que nos relacionan co retrato, a identidade ou o ser humano.

Trátase, segundo informan os organizadores, de achegarse ao cotián presentado no retrato, na figura humana dende diversas perspectivas, obxectivos e linguaxes, na pluralidade de recoñecidos artistas que ofrecen dende a pintura, o debuxo e a escultura posibilidades de analizar o presente do ser humano no seu contexto, no seu territorio.

A escolma feita para esta mostra con dúas sedes quere reflectir tamén a personalidade da Colección Caixa Galicia, unha das pinacotecas máis importantes do Estado que recolle obras que van dende o clasicismo galego ata a arte contemporánea máis actual.

Así, con esta exposición os afeccionados á arte poderán gozar da obra de artistas seminais da historia da plástica moderna galega, coma Arturo Souto, Luís Seoane, Castelao, Díaz Pardo ou Maruja Mallo, e tamén do traballo dos máis novísimos baluartes, coma Rubén Ramos Balsa ou Carlos Rial, entre outros.

Do mesmo xeito, e revelando a ambiciosa estratexia da Colección Caixa Galicia, a mostra exhibirá traballos de artistas capitais da arte española do século XX, como Picasso, María Blanchard (de quen se exhibe, por vez primeira, a obra L'ivrogne), Juan Barjola ou Antonio Saura, e dalgúns outros máis próximos á actualidade, como Jaume Plensa, Darío Villalba ou Juan Muñoz.

Tamén haberá un espazo para artistas estranxeiros que contan cunha importante presenza na Colección Caixa Galicia, como a fotógrafa holandesa Desiree Dolron ou o portugués Juliao Sarmiento.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia
Powered by: PHPCow.com