Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

‘Divorcio á italiana’, de Pietro Germi, pecha o ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia en Vigo

por Vm - 24/06/2008

O Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz, 21), acollerá este martes 24 de xuño a proxección do último filme do ciclo Mestres Italianos, unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais. A cita será ás 18.00 en versión dobrada ao castelán e ás 20.30 horas en versión orixinal subtitulada.

Nesta ocasión exhibirase na sala da Fundación Caixa Galicia o filme 'Divorcio á italiana', de Pietro Germi, satírica comedia de costumes ambientada na Sicilia dos sesenta.

Unindo elementos da comedia negra, a crítica social e a farsa máis amarga o filme baseábase na inexistencia do divorcio civil en Italia e a aceptación polo código penal do delito de honra. Con todo iso, o mellor xeito que atopaba o protagonista de separarse da muller parecía o asasinato...

Ollada cariñosa Á dolce vita de Fellini. O título, que deu nome á chamada comedia á italiana dos sesenta, critica con humor negro os máis distintos estamentos sociais, desde o clero á aristocracia arruinada, pasando pola moral pública, o matrimonio ou os médicos e avogados.

Con incontables nominacións e premios –Óscar, Cannes, Bafta ou Globos–, o filme catapultou a Marcello Mastroianni como estrela internacional nun fabuloso papel onde a voz en off cobra especial papel protagonista.

Divorcio á italiana (1962)

Dirección: Pietro Germi
Fotografía: Carlo Di Palma e Leonida Barboni
Guión: Ennio de Concini, Alfredo Giannetti e Pietro Germi
Música: Carlo Rustichelli
Intérpretes: Marcello Mastroianni, Daniela Rocca, Stefania Sandrelli, Leopoldo Trieste.

Sinopse: Tras doce anos casado con Rosalía Fernando namórase da súa sobriña Angela, unha fermosa moza de dezaseis anos. Cando descobre que Angela lle corresponde, a súa imaxinación comeza a traballar na procura dun método máis limpo para conseguir o seu divorcio: un crime pasional, castigado con pena de cárcere entre tres e sete anos. Para iso precisa fabricar un amante para Rosalía, tarefa complicada pola fealdade e bos costumes da súa muller...

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia
Powered by: PHPCow.com