|
O Concello de Tui continúa desenvolvendo o programa de actividades conmemorativas do 'Ano Xosé María Álvarez Blázquez', cun recital poético en torno a súa figura que se celebra este martes, 24 de xuño ás 21.00 horas no salón de actos do Museo Municipal tudense.
Dous fillos de Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María e Alfonso Álvarez Cáccamo, xunto coa escritora tudense Marga Romero do Val, protagonizarán este recital poético. Completarán este acto diversos veciños de Tui que recitarán unha escolma de versos de Xosé María Álvarez Blázquez.
Amais o Concello quixo que este acto coincidise co CXVII aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega, e que congregou no Teatro Principal da vella cidade miñota naquel 24 de agosto de 1891 aos principais protagonistas do "Rexurdimento" da cultura galega: Manuel Murguía, Alfredo Brañas, etc.
|