|
A sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo acollerá hoxe mércores 18 de xuño ás 20 horas a presentación da última edición da revista Grial, dedicada aos 'Desafíos da educación'. Este número, ademais, pretende ser unha homenaxe cara ao seu coordinador, o sociólogo Xan Bouzada, recentemente falecido.
Ao acto asistirán Víctor F. Freixanes e Henrique Moteagudo, codirectores da revista Grial; Carlos Fernández, membro do Consello de Redacción de Grial; José Antonio Caride, Catedrático de Pedagoxía Social; Héctor Pose, doutor en Psicopedagoxía, e Alberto Meixide, director do CIEF Fundación Caixa Galicia.
O número 177 da revista Grial reflexiona sobre políticas educativas e retos que presenta a educación neste século.
Completan o número de Grial unha entrevista de Vítor Vaqueiro con Manuel Vilariño, Premio Nacional de Fotografía, e un ensaio sobre a significación de Ramón Piñeiro nas estratexias galeguistas de posguerra.
Albino Prada continúa e complementa a súa entrega sobre as 'Causas e custos da dispersión'; Francisco Díaz-Fierros Viqueira viaxa ao século XVII e evoca a figura de Tomás de Lemos, e Daniel Soutullo apunta relacións entre a bioloxía e a vida artificial. |