Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

‘La strada’, de Federico Fellini, no ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia

por Vm - 13/05/2008

O Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz, 21), acollerá este martes 13 de maio a proxección dun novo filme do ciclo Mestres Italianos, unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais. Nesta ocasión exhibirase na sala da Fundación Caixa Galicia o filme La strada, de Federico Fellini, un excelente filme en todos os seus aspectos.

A cita será este martes 13 de maio, ás 18.00 en versión dobrada ao castelán e ás 20.30 horas en versión orixinal subtitulada.

A traxedia dos protagonistas e do que lles rodea está narrada cun fondo de música de Nino Rota, responsable desta na maior parte dos filmes do director, nunha partitura que compartiu a gloria da película. A melodía central vai gañando en progresión e presenza: primeiro balbucida por Gelsomina, completada polo violín do acróbata, repetida coa trompeta de Zampanó e finalmente en formato orquestral. Inmensa tamén a fotografía de Otello Martelli.

Enorme éxito de crítica e público en Europa e América, onde o personaxe de Massina comparárono co vagabundo Charlot e outros mimos da época muda. O Zampanó de Quinn compite co Zorba o grego como personaxe polo que é recordado. Conseguiu o Premio dos Críticos de Nova York, o León de Venecia, o Óscar á mellor película estranxeira e o Nardo d’Argento ao mellor realizador e produtor.

 

La strada (1954)

Dirección: Federico Fellini

Fotografía: Otello Martelli

Guión: Tullio Pinelli e Federico Fellini

Música: Nino Rota

Intérpretes: Giulietta Masina, Anthony Quinn, Richard Basehart, Aldo Silvani, Marcella Rovere.

Sinopse: Cando morre o pai de Gelsomina, a súa propia nai véndea a un artista ambulante, Zampanó. Malia o seu carácter violento e agresivo, a moza séntese atraída por ese estilo de vida na strada, sobre todo cando é incluída en parte do espectáculo. Pese a que varios personaxes que atopa no seu camiño lle ofrecen que se una a eles, Gelsomina amosará a súa fidelidade a Zampanó até os límites da súa vontade...

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com