Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

‘Bellísima’, de Luchino Visconti, no ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia en Vigo

por Vm - 06/05/2008

O Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz, 21) acollerá este martes 6 de maio, ás 18.00 en versión dobrada ao castelán e ás 20.30 horas en versión orixinal subtitulada, oa proxección dun novo filme do ciclo Mestres Italianos, unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais.

Nesta ocasión exhibirase na sala da Fundación Caixa Galicia o filme 'Bellisima', de Luchino Visconti, un excelente filme en todos os seus aspectos.

Denuncia da falsidade do mundo do cine como industria de evasión, apuntando non só aos directores, tamén os modistas, fotógrafos, perruqueiros, profesores de arte dramática que conviven no espellismo; como contrapunto, a sala de butacas ao aire libre onde a veciñanza goza do Río Vermello de Howard Hawks. Visconti, que albiscaba a decadencia e a inminente extinción do neorrealismo, botaba man da mesma Magnani como protagonista nesta fábula melodramática.

 

'Bellísima' (1951)

Dirección: Luchino Visconti

Fotografía: Piero Portalupi e Paul Ronald

Guión: Suso Cecchi d’Amico, Francesco Rosi, Luchino Visconti e Cesare Zavattini

Música: Franco Mannino

Intérpretes: Anna Magnani, Walter Chiari, Tina Apicella, Gastote Renzelli, Arturo Bragaglia, Lola Braccini.

Sinopse: O director Alessandro Blasetti anda a facer un cásting nos estudios Cinecittá para elixir unha nena que fará o papel protagonista no seu vindeiro filme. Moitas nais tentan que a súa filla sexa a elixida, entre elas Magdalena Cecconi que está disposta a facer calquera cousa para que a súa María chegue ao máis alto...

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com