O Auditorio Municipal de
Cangas acolle este sábado, 3 de maio ás 22.30 horas á compañía Teatro Ensalle,
que presentará a obra ‘Te has perdido el mar’, de Pedro Fresneda. Dirixida polo
seu autor e protagonizada por Raquel Hernández, Fernando Pérez e Artús Rei
‘Te has perdido el mar’ é
o resultado dunha situación, é un intento de cambio aínda que sexa a peor, é un
ataque feroz á orde establecida, á prohibición por sistema, á quietude
somnolenta. É un berro nado para non ser escoitado, a responsabilidade de
berrar cando todo se precipita, non para paralo, non para cambialo, senón para
morrer berrando, cando menos.
As entradas serán de 4 euros, ou 2 euros con carné
xove, carné de estudante e maiores de 65 anos. |