Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Agenda

‘Ladrón de bicicletas’, de Vittorio de Sica, inaugura o ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia en Vigo

por Vm - 28/04/2008
O Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz, 21) acollerá mañá a proxección de ‘Ladrón de bicicletas’,  o primeiro filme do ciclo ‘Mestres Italianos’, unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais. A cita será mañá, martes 29 de abril, ás 18.00 en versión dobrada ao castelán e ás 20.30 horas en versión orixinal subtitulada.

 

Nesta ocasión exhibirase na sala da Fundación Caixa Galicia o filme ‘Ladrón de bicicletas’, de Vittorio de Sica, obra mestra do neorrealismo italiano. Xunto a ‘O limpabotas’ e ‘Umberto D’ pecha a triloxía do seu director sobre o drama de Italia tras a II Guerra Mundial.

 

Entre os intérpretes, actores non profesionais que de Sica descubría grazas a un especial instinto. No papel protagonista Lamberto Maggiorani –un obreiro que levaba ao seu propio fillo ás probas para o papel de Bruno–, Lianella Carell como María –unha xornalista que lle ía facer unha entrevista– ou Enzo Staiola como Bruno –a quen descubriron mentres contemplaba a rodaxe do filme–.

 

Recibida na súa estrea con moderado entusiasmo en Italia e con gran énfase en Francia, obtería o Óscar á mellor película estranxeira en 1949. Desgarrada, dramática e cunha dureza que os anos non puideron debilitar.

 

 

Ladrón de bicicletas (1948)

 

Dirección: Vittorio de Sica

Fotografía: Carlo Montuori

Guión: Cesare Zavattini, Vittorio de Sica, Oreste Biancoli, Suso CECI D’Amico, Adolfo Franci, Gerardo Cherardi e Gerardo Guerrier

Montase: Eraldo de Roma

 

Intérpretes: Lamberto Maggiorani, Enzo Staiola, Lianilla Carell, Vittorio Antonucci, Giulio Chiari, Gino Saltamerenda, Elena Altieri.

 

Sinopse: Italia, inmediata posguerra. Casado e pai de dous fillos, Antonio leva máis de dous anos en paro cando por fin o contrata unha empresa para pegar carteis. Unha bicicleta é o requisito para o traballo, que logra desempeñar tras vender toda a roupa de cama. Pero ao día seguinte, na primeira xornada de traballo, róubanlla e desesperado comeza, acompañado do seu fillo Bruno, a procura desta...
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com