|
|
O universo de Orwell abre a segunda etapa da Miteu |
|
|
| por Vm - 27/04/2008 | | |
A Mostra Internacional de Teatro Universitario reanúdase o vindeiro luns con “84”, adaptación teatral da novela “1984” de George Orwell. Con esta obra ábrese a segunda etapa da mostra, que por primeira vez sae do Campus Universitario para chegar ao conxunto da sociedade. Desta forma, o Centro Cultural Caixanova acollerá o resto de representacións que forman parte da programación da MITEU.
A Aula de Teatro Universitaria de Ourense Maricastaña será a encargada de trasladar o pensamento orwelliano ao escenario. “84” presenta un futuro no que unha dictadura totalitaria interfire ata tal punto na vida privada dos cidadáns que resulta imposible escapar ao seu control. A obra está dirixida e adaptada por Fernando Dacosta.
A cita será este luns 28 de abril ás 20.00 horas no Centro Cultural Caixanova de Vigo.
Entrada libre ata completar aforo. |
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 24 votos ¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?
|
|
|
|
|