Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Deporte e imaxe exterior

por Yolanda Castaño - 10/07/2008
Yolanda Castaño.

Se algo resulta evidente nas últimas semanas, é o sobresaliente nível que ten acadado o deporte español. As victorias amoréanse e sucédense por fins de semana: do último triunfo da Eurocopa facía nin máis nin menos que 44 anos; do de Winbledon, outros 42; antes diso xa contabamos cun crack asturiano, Alonso dominando a Fórmula 1 mundial, unha catalana (Gema Mengual) coma unha das mellores nadadoras españolas de sincronizada de todos os tempos (con catro ouros europeos) e a apoteose da terriña: un pontevedrés de Mos na elite do ciclismo europeo e un ferrolán (Gómez Noya) de absoluto campión mundial de triatlón, só antecedido no Estado español por outro galego, Iván Raña.

E o deporte, coma a cultura, entre algunhas outras cousas, serven –no que á política exterior se refire- coma un escaparate, unha tarxeta de presentación, é dicir: representación, promoción, publicidade. Exportan a nosa imaxe no mundo e cara el. Daí que esa boa imaxe do deporte español sexa reverso tamén dunha imaxe do Estado que avanza en clara mellora.

Non hai máis que saír para comprobalo. E os estranxeiros (penso nos europeos do norte, por exemplo) que tiñan visitado España nos setenta abráianse cos cambios redicais que ten experimentado a pel de touro en tan poucas décadas. Tampouco a nós mesmos nos custa notar o máis lento desenvolvemento que se foi dando en países ‘parellos’. Un pouco de optimismo non vén mal, ao fin e ao cabo parece que desta o sol si que vai saíndo.

    
Sobre este artículo
3 / 5 (2 Votos)
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com