Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Outro ministro galego

por Yolanda Castaño - 23/06/2008

 Ata hai só uns días, contabamos con dous ministros de cultura galegos no planeta. Un interesante celta-depor decidindo as políticas culturais de dous países distintos: o coruñés César A. Molina en España e o vigués Farruco Sesto en Venezuela.

Sen embargo, nas últimas xornadas estanse producindo cambios na executiva bolivariana, cambios promovidos polo presidente Chávez na procura dunha mellor xestión. O galego Sesto Novás pasa así da carteira de Cultura á de Vivenda e Hábitat, substituíndo no cargo a Edith Gómez, que o ocupou durante só tres meses. Semella que se agarda que ao terceiro nomeamento –no que vai de ano, que non é pouco- vaia a vencida, dados o serios problemas que presenta o sector urbanístico e o déficit de vivendas que se vén arrastrando. Unha situación nada doada á que responde o baile de responsabilidades adquiridas.

Que o vigués o colla con paciencia e ánimo. A súa condición de arquitecto e o seu enxeño non o fan –dende logo- un mal candidato. Tiven a ocasión de entrevistarme con el hai algunhas semanas –nada se anunciaba- e atopeino apaixonadamente convencido da causa chavista, con gana de facer cousas e cheo de forza e ilusión. Atopeino feramente oposto ao que el ve coma un sistema capitalista inxusto, capaz de soster a riqueza sobre unha base artificial, unha estrutura económica que –dicía- "acabará por desplomarse". Dende aquí lle desexamos o mellor dos resultados nesta nova xeira. Non vai facerlle pouca falta.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com