Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Famosos en tomate

por Navia Franco - 08/05/2008

Hai quen aspira a ser cáustico e cruel como Risto Meijide; liviá como a sobriña de Rouco Varela, espida en plan reivindicativo na revista de sempre; egoísta como os fillos de Pajares; "llanero" solitario como Cayetano Martínez de Irujo; falsa como Isabel Pantoja; defensora da dieta da alcachofa como a Campanario; ou apañada como Carolina Herrera filla, quen espera descendencia, coida da que xa ten e monta negocio, todo ao mesmo tempo e sen perder estilo.

Sen embargo, somos maioría quen observamos eses personaxes con curiosidade e sen moita devoción. En definitiva, ocúpannos algún tempo, si, pero non moito espazo no cerebro. Se facemos caso das enquisas, as perruqueiras son as únicas compradoras da prensa rosa deste país. Custa tanto recoñecerse comprador/a das revistas do corazón como admitir que, de cando en vez, moi de cando en vez, asalamos os veciños pola ventá para saber que cociñan na pota. E é que hai días nos que os titulares rosa lle devolven a unha o sorriso e outros nos que poñen patas arriba os esquemas máis básicos.

Precisamente, eu mesma vivín a ponte pasada pegada ao televisor coa miña nai, co corazón nun puño entre os ingresos psiquiátricos de Pajares, as declaracións de Mari Cielo e as contra-declaracións de Andrés Bruguera. Na sala de estar, pareceume sentir a ollada de esguello de miña nai, como querendo adiviñar se algún día eu chegarei a protagonizar unha traizón similar ao do "culebrón" Pajares. Debo confesar que, en canto daban paso á publicidade, eu, pola miña parte, visitaba os meus fillos, durmidos na cama, intentando tamén descubrir nas súas caras de anxo algún indicio demoníaco. Afortunadamente, non fun quen de atopalo.

Vén isto a conto de que temos montado tal circo que, ao tempo que o alimentamos, seguimos facendo medrar a ilusión de que o éxito na vida se reduce a un "famoseo" que enxalza o peor que hai no ser humano. Borraron da grella o Tomate pero aínda queda moito prebe na cociña de cada quen.

    
Sobre este artículo
4 / 5 (1 Votos)
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com