Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Crise do xirasol

por Navia Franco - 29/04/2008
Os consumidores non volverán ver, en moito tempo, a botella de aceite de xirasol cos mesmos ollos e pode que, a partir da crise que acaba de vivir o Goberno español, o rostro do ministro de Sanidade e Consumo pase a ser un dos máis coñecidos do Gabinete de Zapatero. Consumidores, produtores, distribuidores e unha fileira longa de cidadáns fixarán na retina a súa cara.

A alerta do ministro Bernat Soria puxo a un tempo en cuestión a seguridade alimentaria, a trazabilidade dos alimentos, o principio de precaución e a seriedade dun Goberno que primeiro alertou e poucas horas despois desconectou a alarma.

¿Foi para tanto o risco de intoxicación? Está claro que o Goberno velou pola saúde dos consumidores e, en relación a esta, ningunha medida é pouca. Retiráronse axiña dos establecementos todos os recipientes con aceite da partida sospeitosa de Ucraína pero, sen embargo, resulta desconcertante que a alerta se pechase con tanta présa.

Para dar por rematada a crise, o ministro realizou unhas declaracións tallantes no sentido de que non existe no mercado ningunha botella que poña en perigo a saúde dos consumidores e mesmo tivo a “graza” de retar a un xornalista a que lle trouxese aceite tóxico para compartilo entre os dous, se o periodista era quen de atopar unha botella en mal estado.

Quedamos coa mensaxe tranquilizadora de que todo o aceite de xirasol que está no mercado é seguro. Queda pois, sen efecto, a recomendación de evitar o seu consumo. Queda tamén a dúbida de por que a transparencia esgrimida polo Goberno na resolución da crise de 72 horas non incluíu unha relación completa das marcas si contaminadas.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 94 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com