Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Opinión

Por favor, señor/a condutor/a

por Navia Franco - 22/04/2008
Se atraveso o paso de peóns non agarde a que os pés me sitúen no medio e medio do mesmo para frear en seco. Faga o favor: reduza a velocidade e, cando chegue á altura do paso, pare. Se ese día o meu camiñar non é lixeiro porque mo impide o bastón, porque os nenos están de non, porque a cadeira de rodas non me responde como debera, porque o coche de paseo do bebé peta contra o bordo da beirarrúa ou porque eu ando pola cidade e non fago footing, non se me impaciente, non pite, non erga eses brazos ameazantes que, coma muíños, poden chegar a producir electricidade no interior do seu vehículo.

Ve isto? É unha cadeira para que leve á súa filla, quen non levanta máis de un metro dez do chan. É pola súa seguridade, ponse co cinto, o tema non é sentala e xa está, tena que atar. Iso mesmo: para sentala na parte traseira do coche.

Respire fondo. Quen vai no automóbil de diante tamén ten, coma vostede, un destino, non sei se paraíso, pero si destino. Por iso non se lle achegue tanto, manteña a distancia de seguridade, concéntrese na condución e non pense que o/a outro/a entorpece o tráfico, o que acontece é que goza ao volante.

Non o faga. Deixe de pitarlle. O ritmo do coche cómpre acomodalo ao propio para que non se produza ningunha disfunción entre medio de locomoción e alma, e a esa premisa responde o/a outro/a condutor/a. Non se impaciente, o disco do semáforo era hai un nada de cor vermella e non, o vehículo de diante non quere velo sufrir, decididamente esa non é a súa misión do día.

Respecte o sinal. Efectivamente, hai un ceda como unha casa. Si, para que ceda o paso vostede, non para que o pé prema ata o fondo o acelerador. Que susto! As rotondas son un produto importado de países máis civilizados có noso, efectivamente. Non a leve por diante, faga o favor, moito traballo inviste o Concello cambiando as plantas con flor cada certo tempo, adaptando as cores da rotonda ao paso das estacións e non á marcha do seu coche.

Xa chegamos, sans e salvos. Falando enténdense a xente.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com