Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Deputación destina 300.000 euros a 91 asociacións de servizos sociais da provincia

por Vm - 19/06/2008

A Deputación de Pontevedra investirá un orzamento de 300.000 euros para axudar a 91 asociacións enmarcadas no ámbito dos servizos sociais especializados, logo de valorar as solicitudes presentadas á convocatoria. Os concellos participantes foron os seguintes: Agolada, Bueu, Caldas de Reis (2 solicitudes), Cambados (1), Cangas (2), Gondomar (1), O Grove (1), A Guarda (3), Lalín (1), Moaña (3), Mos (1), Nigrán (1), Pazos de Borbén (1), Poio (1), Pontevedra (17), Porriño (1), Redondela (1), Salceda de Caselas (1), Sanxenxo (1), Tomiño (1), Tui (1), Valga (1), Vigo (43), Vilagarcía de Arousa (4), e Vilanova de Arousa (2).

A contía total das 91 solicitudes valoradas positivamente elévase a 293.668 euros. Destas solicitudes, 42 son para colectivos dirixidos a persoas con discapacidade psíquica, 7 para persoas con discapacidade física, 2 para persoas con discapacidade sensorial, 4 para persoas con problemas de alcoholismo, 11 para persoas con problemas de adiccións, 11 para persoas con problemas sociosanitarios, 7 para persoas en risco de exclusión, 5 para mozos e 4 para asociacións de outro tipo.

Estas axudas están destinadas á formación e integración laboral (24), á formación e integración social (34), á formación de familiares e coidadores (10), e a Prevención (23). É importante salientar o incremento que ano a ano se produce no número de solicitudes destinadas a proxectos de formación para a Integración Laboral (26,38%), así como para a formación de coidadores de persoas dependentes (10,99%).

Tamén solicitaron estas axudas asociacións de mulleres de Caldas de Reis ('Aquis Celenis', 'De saiar pola igualdade' e Mulleres Rurais 'Carballeira'), de Catoira ('Muíños do Vento'), de Portas ('Azucareira'), de Valga ('Albor') e de Vigo ('Mulleres Progresistas').

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia
Powered by: PHPCow.com