Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación de Pontevedra colaborará co Centro Galego de Lisboa con motivo do seu centenario

por Vm - 14/06/2008
A Deputación colaborará, xunto cos nove concellos do Condado e a Paradanta, no financiamento das distintas actividades previstas con motivo deste centésimo aniversario. REMITIDA.

O vicepresidente provincial, José Juan Durán, reuniuse hoxe, no Pazo Provincial, con Francisco Fortes, tesoureiro do Centro Galego de Lisboa 'A xuventude na Galiza', asociación que cumprirá en novembro o seu centenario, para valorar a posibilidade de participar nos festexos deste acontecemento.

A xuntanza serviu para concretar que a Deputación colaborará, xunto cos nove concellos do Condado e a Paradanta, no financiamento das distintas actividades previstas con motivo deste centésimo aniversario, que contará na súa programación con exposicións, conferencias e outras actuacións culturais.

Fortes aproveitou o encontro para presentarlle a Durán a posibilidade de apoiar económicamente a actividade cultural que se desenvolverá con motivo do 25 de xullo, Día de Galicia, que a Deputación resolveu favorablemente.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com