|
A Deputación de Pontevedra adxudicou durante o pasado ano de 2007 o 37,42% do volumen total de obras contratadas polas catro deputacións galegas, según o informe que acaba de presentar a Federación Galega da Construcción. Según o devandito informe, as deputacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra adxudicaron o ano pasado un total de 278 obras por un importe de 79.203.687 millóns de euros.
Desa cuantía, o 37,42% corresponde á Deputación de Pontevedra que contratou durante o ano pasado 44 obras por un importe total de 29.634.897 euros. A Deputación de Lugo adxudicou 100 traballos con unha cuantía e unha porcentaxe similar, 29.666.027 euros, o 37,4%. Esa porcentaxe baixa significativamente no caso da Deputación de A Coruña que, durante o 2007, adxudicou 116 obras por un valor de 17.606.495 euros, o 22,2% do total das catro deputacións galegas. E só chega ó 2,8% no caso da Deputación de Ourense, con 18 obras contratadas por un importe de 2.296.267 euros. No conxunto das catro deputacións galegas, as tres empresas con maior volume de obra adxudicada foron Construcciones Obras y Viales (Covsa) con 7,5 millóns, Sercoysa Proyectos y Obras, con 5,5 millóns, e Movexvial SL, con 4,5 millóns de euros.
No caso da Deputación de Pontevedra, as maiores adxudicatarias foron tamén as anteditas, con 12 obras e 6,9 millóns; 5 traballos e 5,5 millóns; e 3 obras e 4,5 millóns, respectivamente. No caso da Deputación de A Coruña foron Obrascon Huarte Laín SA (OHL), con 1 obra por 1,5 millóns, Leonardo Miguélez con 9 traballos adxudicados en 1,2 millóns e Excavaciones Cernadas Valiña SL que contratou 8 obras por 1,06 millóns.
As tres firmas con maior volumen adxudicado na Deputación de Lugo foron Construcciones Isidro Otero (15 traballos e 3,4 millóns), Construcciones Nivel 98 SL (10 obras por 3,1 millóns) e Construcciones Taboada y Ramos (8 obras e 3,1 millóns). Na Deputación de Ourense, as tres maiores contratantes foron Gallega de Alquiler de Obras y Servicios, Gados SL, con 2 obras por 350.730 euros, Hordescon SL con 2 traballos adxudicados en 322.320 euros e Construcciones y Contratas Suso Fernández SL con unha obra por 279.786 euros.
|