Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Preto de 1.700 rapaces da provincia coñeceron Madrid a través do programa 'O meu primeiro voo'

por Vm - 10/06/2008

A Deputación de Pontevedra fixo públicas onte as cifras do programa 'O Meu Primeiro Voo', organizado polo Servizo Social da Deputación de Pontevedra, que rematou este sábado, no que a institución provincial investiu un total de 49.590 euros. No presente ano 2008, a Deputación fixo que este programa social e educativo achegase a un total de 1.655 rapaces coñeceran a capital do país. Estes nenos súmanse ós 3.345 escolares de toda a provincia que xa puideron desfrutar da experiencia nas pasadas edicións, o que establece a cifra total en 5.000 nos últimos tres anos.

Por meses, abril foi o mes que rexistrou máis actividade, cun total de 852 rapaces desprazados. En marzo, cando a edición deste ano deu comezo, foron 47 os nenos. 607 en maio e 147 nos primeiros días do mes de xuño. Esta exitosa iniciativa diríxese ós alumnos de 3º e 4º da E.S.O. de todos os centros públicos e concertados da provincia de Pontevedra, e ten por obxecto fomentar a convivencia e o compañeirismo entre os mozos e mozas ó tempo que contribúe ó seu enriquecemento cultural, cunha visita á capital de España, que lles servirá para coñecer os lugares máis emblemáticos da mesma: O Madrid dos Borbóns e dos Austrias, o Museo do Prado e outros lugares significativos de interese lúdico e didáctico.

Cada grupo de alumnos participantes sae do aeroporto de Peinador nos diferentes turnos, sendo recollidos en Barajas por un autocar que os traslada durante todo o percorrido acompañados dun guía.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com