Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación presenta ó Plan Avanza catro proxectos de dixitalización polo valor de 18 millóns de euros

por Vm - 27/05/2008

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deu a coñecer onte os catro proxectos de modernización e dixitalización de servizos que o organismo provincial presentou ó Plan Avanza do Ministerio de Industria por valor de 18 millóns de euros, e nos que está previsto que invista más de dous millóns e medio de euros.

Un dos proxectos que se desenvolverá entre 2008 e 2011 é o de Modernización Administrativa da Deputación de Pontevedra, que ten por obxecto o deseño e construcción dun sistema de informatización da maior parte dos procedementos administrativos, implementar un novo Portal da Deputación, con nova estrutura e deseño, así como unha serie de servizos telemáticos que permita á cidadanía e ás empresas realizar todos os trámites administrativos de xeito electrónico. Para este proxecto, cóntase cun orzamento de 600.000 euros, dos que a Deputación debería aportar como mínimo o 20 %, isto é, 120.000 euros.

Por outra banda, o projecto de Modernización Administrativa dos Concellos da provincia que pretende deseñar e construír un sistema de informatización da maior parte dos procedementos administrativos dos concellos da provincia, implementar novos Portais dos Concellos, con nova estrutura e deseño, así como unha serie de servizos telemáticos que permita á cidadanía e ás empresas realizar todos os trámites administrativos de xeito electrónico. Ademais da implementación do Sistema de Información Territorial que está a implantar a Deputación nos concellos da provincia dentro do programa PISTA. Este proxecto dispón dun orzamento total de 4.363.525 euros, subvencionables ó 80%, o que supón un investimento por parte da Deputación de 872.905 euros.

Tamén se pretende por en marcha un Centro de Coñecemento para a explotación do arquivo documental e multimedia da Deputación. Especial interese no patrimonio gráfico (fotografía, postal, estampado, gravado, produccións artísticas), audiovisual (vídeo e películas) e sonoro (pizarras, vinilo, bandas magnéticas e cassettes). Tamén o bibliográfico, recollido na biblioteca provincial, editado directamente en gran número pola Deputación. Para este ambicioso proxecto se conta cun orzamento total de 4.262.446 euros, dos que a Deputación tería que investir aproximadamente un 15%, isto é, 639.366 euros.

E por último o WIMAX Pontevedra. Fomento da Sociedade da Información e da Promoción Económica nas zonas rurais da provincia que ten por obxecto achegar a sociedade da información ós sectores da poboación máis desfavorecidos da provincia, favorecer a promoción económica e contribuír á cohesión económica, social e territorial mediante a corrección dos principais desequilibrios existentes. O orzamento para este proxecto é de 8.712.007 euros, dos que a Deputación de Pontevedra terá que aportar, como mínimo, unha achega do 10%, é dicir, 871.200 euros.

Estes proxectos cumpren cos obxectivos da Axenda de Lisboa na busca da converxencia cos países europeos máis avanzados en materia da Sociedade da Información.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia
Powered by: PHPCow.com