Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación eleva a máis de un millón de euros o orzamento das obras de mellora da Estrada Arcade-Amoedo

por Vm - 22/05/2008

A Xunta de Goberno da Deputación adxudicou por importe de 176.235,53 euros o proxecto modificado da obra de ensanche e mellora do trazado da estrada provincial Arcade-Amoedo ó seu paso polo municipio de Pazos de Borbén. A mellora desta carretera foi adxudicada inicialmente por 890.000 euros que sumados ós 176.235,53 euros do proxecto modificado o orzamento elévase a máis de un millón de euros.

As obras executadas na estrada provincial Arcade-Amoedo consistiron na dotación dunha plataforma mínima de nove metros de calzada con dous carrís de tres metros e medio cada un e arcéns a ambas marxes de un metro, co obxecto de garantir unha velocidade específica de 60 quilómetros hora.

As obras previstas no proxecto modificado servirán para mellorar a seguridade vial dos peóns. Concretamente, aumentouse o ancho da plataforma un metro, cincuenta centímetros en cada arcén, e neste espazo instalaranse barreiras de protección e a sinalización vertical, permitindo circular ós peóns fora da zona pavimentada e, nas zonas perigosas, estar protexidos pola barreira de seguridade.

Para acometer esta actuación será necesario aumentar o movemento de terras, os muros de contención de terrapléns e a reposición de peches de fincas.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia
Powered by: PHPCow.com