|  | | | | | Este programa ten por obxecto achegar a Deputación e a provincia á cidadanÃa. | | | |
Os vicepresidentes provinciais José Manuel Figueroa e José Juan Durán recibiron esta mañá no Pazo da Deputación a un total de 104 integrantes das asociacións de Mulleres Rurais 'A Telleira' de Meaño, Agustina Sarmiento de Ponteareas e Veciños de Pontenova Freixeira de Vigo, que participaron hoxe na novena xornada das rutas do programa 'Coñece a túa provincia' que promove a Deputación de Pontevedra. En total, nesta primeira convocatoria do programa, participarán 5.000 persoas procedentes de 131 asociacións.
Na súa primeira visita, en torno ás 10.30 horas, as tres asociacións tiveron a oportunidade de coñecer o Pazo Provincial. Seguidamente, visitaron ó padroado de Turismo, ó Museo, ó Pazo de Lourizán, e ó Castelo de Soutomaior. Este programa ten por obxecto achegar a Deputación e a provincia á cidadanía, fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos e contribuír ó enriquecemento cultural a través da posta en marcha de visitas guiadas ós centros integrantes do patrimonio da Deputación (Museo, Pazo Provincial, Castelo de Soutomaior, Pazo de Lourizán, Mouriscade, á Finca do Areeiro, o Palacete das Mendoza, o Pazo Gandarón e o centro de vacacións de A Lanzada, entre outros).
O custe de cada viaxe ascende a 25 euros por persoa dos cales 15 son achegados pola Deputación e 10 polos destinatarios. Este prezo inclúe o transporte das persoas en autobús dende os diferentes puntos de saída; dúas guías informativas durante todo o percorrido; a comida (cun menú que inclúe dous pratos, sobremesa, bebidas e café) e o correspondente seguro de viaxe. As visitas son de ida e volta o mesmo día.
|