Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación colabora con 30.000 euros nas obras de remate da vivenda comunitaria que Autismo Vigo posúe en Gondomar

por Vm - 14/05/2008

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación Autismo Vigo a través do cal o organismo provincial financiará con 30.000 euros a finalización das obras da vivenda comunitaria 'O Salgueiro'.


Esta vivenda comunitaria de Autismo Vigo
ofrece servizos de lecer e respiro familiar para todos os integrantes da asociación e, do mesmo xeito, posibilita a estadía permanente, os 365 días do ano, por parte de usuarios maiores de idade que padecen trastornos de espectro autista e que precisan supervisión xeral para o desenvolvemento das tarefas da vida cotiá.


Esta propiedade,
que situada na parroquia de Vincios, foille cedida á asociación por parte do Concello de Gondomar o pasado 2007.


Autismo Vigo é unha entidade sen ánimo de lucro
fundada o oito de febreiro de 1999 por un grupo de pais preocupados polo futuro das persoas que padecen trastornos autistas. Esta entidade, declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior, presta servizos de información e asesoramento á familia; de ocio e tempo libre; de respiro familiar e de canguros especializados, entre outros.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com