|
A Xunta de Goberno da Deputación acordou onte concederlle ó Concello de Salvaterra de Miño unha subvención de 156.424 euros do Plan de Saneamento e Abastecemento para a execución da obra de saneamento de Gaiamonde-Chan da Igrexa-Fonte Arcade e Rial, en Pesqueiras.
Segundo as bases reguladoras do PSA para o exercicio de 2008, a subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, de xeito que non se pode modificar o destino nin a contía da partida. Asemade, as obras que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2009.
A contía das axudas concedidas pola Deputación alcanza como máximo o 75% do investimento previsto polos concellos respectivos. Asemade, segundo especifican as bases, a distribución das mesmas realizarase en base a criterios proporcionais de poboación e superficie. Foron os propios concellos os encargados de solicitar as obras que pretenden realizar, así como de tramitar os respectivos expedientes de contratación, a obtención das licencias e a recepción e conservación das obras realizadas. |