Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Louzán presenta "o proxecto definitivo de circuito de velocidade de Galicia"

por Vm - 15/05/2008
Louzán con Jorge Martínez Aspar, autoridades e xente do mundo do motor.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou onte o Estudo de Viabilidade do Circuíto de Velocidade que a institución provincial proxecta construír entre os municipios de Pazos de Borbén e Mondariz. Para a posta en marcha deste "Circuíto de Velocidade das Rías Baixas", denominado así por Louzán, o organismo conta co asesoramento do campión do mundo de motociclismo, Jorge Martínez Aspar, experto neste tipo de infraestructuras.

Louzán afirmou que este proxecto en Pontevedra vai ser "o definitivo do circuíto de velocidade de Galicia". Xusficou isto por "cinco piares" que non se dan noutros lugares. Afirmou que Galicia, Pontevedra, necesita un circuito de velocidade porque estamos a escasos minutos dun aeroporto, dunha autovía, da maior cidade de Galicia, Vigo. Ademais entre Galicia e Norte de Portugal hai unha poboación de 6 millóns de persoas con miles de persoas afeccionadas ao mundo do motor. O segundo piar e darlle a empresa Citröen que está utilizando o circuito de Braga e así poderá ter un lugar de probas I+D+i. Outro piar é a educación vial coa posibilidade de crear escolas de automobilismo e motociclismo e, finalmente, a nosa capacidade turística (zona de más prazas hoteleras.

A situación do proxecto está nunha fase de analise de viabilidade económica da xestión do circuito; logo preténdese explicarlo a todos os sectores para a súa implicación; e finalmente será a posta en marcha dun proxecto constructivo.

En canto a datas para estar en marcha do circuito, Rafael Louzán sinalou que será "o máis rápido posible".  

Segundo informou o presidente, o "Circuíto de Velocidade das Rías Baixas" pretende ser un punto de referencia do motor en Galicia e no norte de Portugal". Ademais de ter un uso deportivo, o circuíto utilizarase tamén como un centro de I+D+i (desarrollo de vehículos intelixentes, avaliación de coches pre-serie); como circuíto de formación (escola educación vial, habilidades e competición, etc); e con fines comerciais (presentacións de vehículos).

A intención da Deputación é que o circuíto de alta velocidade das Rías Baixas sexa homologable para acoller probas nacionais e, incluso, un campionato do mundo de motociclismo. Para isto, a Deputación conta coa colaboración do Grupo Dorna, que se encarga da montaxe de todos os campionatos do mundo de motociclismo, así como da FIA e a FIM, que marcan as pautas á hora de deseñar este tipo de circuítos.

Trazado

O circuíto construirase entre os municipios de Pazos de Borbén e Mondariz, en terreos das comunidades de montes de Tourón e Xunqueira, nunha zona estratéxica a poucos quilómetros do aeroporto de Peinador; do porto de Vigo e nun entorno cunha importante capacidade hoteleira.

Terá 3,5 quilómetros, unha pendente máxima do 4 por cento, un ancho mínimo de 12 metros e ocupará 80 hectáreas (17 en Mondariz e 63 en Pazos). Contará con superficies útiles para paddock de 26.200 metros cadrados; zona de aparcamento e zonas de público con gradas, dotacións sanitarias etc.

Disporá tamén de instalacións complementarias, punteiras en europa como poden ser unha pista de alta velocidade, unha área de calibración de sensores, un circuíto de handling en seco e en mollado, unha plataforma dinámica en seco e mollado, pista de ruídos, e rampas de varias inclinacións, etc.

Financiamento

O orzamento do circuíto de velocidade ascenderá nunha primeira fase a 23 millóns de euros e nunha segunda fase a 28 millóns de euros. Segundo explicou Louzán "incorporaremos a todas as administracións que desexen sumarse a este proxecto" e recordou que, unha vez rematado o estudo de viabilidade de xestión, "dirixirémonos á Xunta de Galicia que terá que aprobar o proxecto de supramunicipalidade". Tamén adiantou que a Deputación xa solicitou unha parte de financiamento á Unión Europea, a través da cal espera contar cunha importante liña de apoio.

Con respecto ó financiamento Martínez Aspar comentou que o circuíto de Cheste que cumpre dez anos naceu inicialmente como unha idea política e xurdiron tamén dúbidas con respecto ó financiamento. Hoxe "o Goberno de Valencia está encantadísimo xa que o circuíto "move 100 millóns de euros anuais de riqueza indirecta, cando o custe non chegou ós 60 millóns".

Martínez Aspar explicou tamén que o circuíto de velocidade que promove a Deputación pode dar cabida a un campionato nacional de velocidade e considerou que "circuítos deste calibre serán importantísimos, non só dende o punto de vista deportivo, senón tamén no eido da educación vial e das novas tecnoloxías".

O campión do mundo de motociclismo manifestou que "pode parecer que nesta parte de España non existe o mundo do motor ou a afección e eu penso que é todo o contrario". Recordou tamén que España é único país que celebra dous eventos de fórmula uno e tres de moto GP.

Jorge Martínez Aspar coordina actualmente o circuíto urbano de Valencia que acollerá o 24 de agosto o campionato do mundo de automobilismo, participou na construción do circuíto de Cheste e actualmente participa tamén no deseño e construcción de circuítos en Brasil e en Europa.

Cluster de automoción

A Deputación leva traballando un máis de un ano neste proxecto e xa mantivo conversas satisfactorias con Citroen (factura 6.000 millóns de euros cun 20% do PIB industrial galego e que xenera o 50% das exportacións de Galicia) que actualmente utiliza para realizar probas o circuíto de Braga. Así mesmo, o Louzán comentou que tamén teñen unha implicación importante no proxecto o Cluster das empresas de automoción de Galicia (CEAGA) e co Centro Tecnolóxico de Automoción.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com