Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación difunde a Cultura Galega con varios actos culturais ó longo da Semana das Letras

por Vm - 13/05/2008

O vicepresidente provincial, José Juan Durán, presentou onte as actividades conmemorativas que a Deputación de Pontevedra desenvolverá ó longo desta semana co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

 

Na súa comparecencia ante os medios, Durán revisou as liñas xerais de actuación desenvolvidas pola Deputación de Pontevedra en prol da lingua e a cultura galegas e presentou o CD 'Pontevedra en música: agrupacións da provincia'. Esta gravación constitúe a primeira publicación da nova liña que inicia a Editorial da Deputación de Pontevedra, unha serie referida á música da nosa provincia.


A través desta iniciativa a Deputación de Pontevedra pretende reunir toda a documentación sonora galega que sexa posible tendo en conta a música, a palabra e os sons naturais, "contribuíndo a que o noso contorno se conforme como unha paisaxe sonora única con identidade de seu". A documentación sonora reunida supera hoxe os 5.000 rexistros que están a disposición do cidadán para consultar, investigar e para outros usos que non teñan carácter comercial.


Este primeiro
traballo, realizado en colaboración coa editorial Edicións do Cumio, contén unha selección das diferentes agrupacións que conforman a realidade de Pontevedra organizada nos seguintes bloques: gaiteiros solistas, grupos de música tradicional, grupos de música folk, masas corais, bandas de música e canción galega.


"Entre a música e a palabra"


Outro dos actos previstos

nesta semana terá lugar o xoves, día 15 de maio, ás 20.00 horas no salón de plenos do Pazo Provincial, e consistirá na celebración do festival 'Entre a música e a palabra'. O evento comezará cun breve recital de poesía a cargo de Ledicia Costas e Carlos Fontes con estratos da obra poética do persoeiro homenaxeado este 2008, Xosé María Álvarez Blázquez, acompañados polo violinista David Veiga.


A continuación actuarán algúns dos grupos musicais integrantes do CD 'Pontevedra en música: agrupacións da provincia'. En concreto, o grupo de música tradicional 'Pai da Cana', as pandeireiteiras 'Trompos ós pes' e o quinteto de metais 'Banda artística de Merza'.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com