Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Máis de cen persoas de Arbo, Meis e Pontevedra participan no programa 'Coñece a túa provincia'

por Vm - 09/05/2008
Este programa ten por obxecto achegar a Deputación e a provincia á cidadanía, fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos.

A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, recibiu onte no Pazo da Deputación a un total de 110 integrantes das asociacións San Xosé Obrero, 'Armenteira', de Meis, Centro Diurno Prejubilados e Jubilados Marchosos de Pontevedra e Jubilados e Pensionistas de Arbo que participaron hoxe na sexta xornada das rutas do programa 'Coñece a túa provincia' que promove a Deputación de Pontevedra. Na súa primeira visita, en torno ás 10.30 horas, as asociacións tiveron a oportunidade de coñecer o Pazo Provincial. Seguidamente, visitaron ó padroado de Turismo, ó Museo, ó Pazo de Lourizán, e ó Castelo de Soutomaior.

 

Este programa ten por obxecto achegar a Deputación e a provincia á cidadanía, fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos e contribuír ó enriquecemento cultural a través da posta en marcha de visitas guiadas ós centros integrantes do patrimonio da Deputación (Museo, Pazo Provincial, Castelo de Soutomaior, Pazo de Lourizán, Mouriscade, á Finca do Areeiro, o Palacete das Mendoza, o Pazo Gandarón e o centro de vacacións de A Lanzada, entre outros).

 

En total, nesta primeira convocatoria do programa, participarán 5.000 persoas procedentes de 131 asociacións.

O custe de cada viaxe ascende a 25 euros por persoa dos cales 15 son achegados pola Deputación e 10 polos destinatarios. Este prezo inclúe o transporte das persoas en autobús dende os diferentes puntos de saída, dúas guías informativas durante todo o percorrido, a comida (cun menú que inclúe dous pratos, sobremesa, bebidas e café) e o correspondente seguro de viaxe. As visitas son de ida e volta o mesmo día.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com