|  | | | | | O convenio de colaboración para a organización do I SimposioIberoamericano e as IV Xornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental, que terán lugar entre os dÃas 14 e 18 de outubro, foi asinado hoxe. | | | |
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou hoxe co vicepresidente da Fundación Juana de Vega, Vicente Arias, o convenio de colaboración que vinculará ás institucións na organización do I Simposio Iberoamericano e das IV Xornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental, que terán lugar entre os días 14 e 18 de outubro.
Á presentación deste simposio acudiron, ademais dos asinantes Louzán e Arias, a vicepresidenta provincial, Teresa Pedrosa, o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, e a presidenta do comité organizador do simposio, Carmen Salinero.
As xornadas, que terán por motivo central a innovación e o futuro no eido da xardinaría, constitúen o foro de ámbito nacional máis importante para a exposición e discusión dos traballos de investigación sobre os distintos aspectos da horticultura ornamental.
Coa inclusión de países americanos na realización do simposio, preténdese facilitar a transferencia e o intercambio de resultados das investigacións e traballos realizados polos técnicos en horticultura ornamental dos países de ambos lados do Atlántico, para un mellor aproveitamento dos recursos da flora ornamental.
O Congreso, que conta con acadar unha importante participación de ó redor de 100 persoas, entre elas 20 participacións estranxeiras, divídese en 12 seccións que intentan abarcar a totalidade dos temas relacionados co sector e que son as seguintes: O sector ornamental, Selección e mellora de plantas ornamentais, plantas autóctonas, o seu uso en xardinería, desenvolvemento de novos produtos, flor cortada, floricultura, viveirismo, planta en maceta, paisaxismo e revexetación, xardinaría, horticultura urbana, propagación e produción de planta, produción sostible e protección integrada, técnicas de cultivo, fertilización e rega, alteracións en plantas ornamentais, recoñecemento e diagnóstico de pragas e enfermidades e control de pragas e enfermidades.
O encontro será pioneiro, xa que é a primeira vez que se realiza un evento destas características a nivel de Horticultura Ornamental. Xa nas anteriores xornadas o evento estaba dirixido a investigadores, estudantes e traballadores do sector da Península Ibérica e axudou a formentar a cooperación entre España e Portugal. Sen embargo, con este evento quérense superar estas fronteiras e permitir o intercambio de información entre diversos países Iberoamericanos.
Presenza internacional
Para facer posible esta colaboración, convidáronse a dous investigadores de renome en horticultura ornamental de Sudamérica, Peter Seemann, profesor da Escola de Agronomía, Facultade de Ciencias Agrarias da Universidade Austral de Chile, e Roberto Fernández, do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria de Bos Aires, que presentarán traballos realizados e aportarán diversas comunicacións de importantes investigadores do campo da Horticultura Ornamental en Sudamérica.
Pola parte portuguesa están convidados Domingos Almeida da Universidade de Porto e Dalila Espirito Santo do Instituto Superior de Agronomía de Lisboa. Entre os científicos españois relatores estarán presentes Pedro Cermeño, profesor do Instituto de Investigación e Formación agraria e pesqueira de Alcalá del Río en Sevilla, Jesús Izco Sevillano, Catedrático de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, e o Pedro Mansilla, xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
|