Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

O Proxecto Home recibe 36.000 euros da Deputación de Pontevedra

por Vm - 25/04/2008
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o máximo responsable da Fundación Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, asinaron un convenio de colaboración dotado con 36.000 euros.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o máximo responsable da Fundación Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, asinaron un convenio de colaboración dotado con 36.000 euros dirixido ó financiamento do programa terapéutico – educativo de Proxecto Home no ámbito da provincia de Pontevedra. Proxecto Home conta con dous centros na provincia de Pontevedra, un en Vigo e outro en Pontevedra que no 2007 atenderon a 371 persoas. Ademais, o ano pasado foron atendidas en toda Galicia 1.059 persoas. 

As iniciativas desenvolvidas por Proxecto Home en Vigo céntranse na rehabilitación e reinserción social de persoas adictas a opiáceos en xeral. A través destas atendéronse ó longo de todo o ano a 261 persoas (53 no programa A cougo; 120 no programa Cocaína; e 88 no programa tradicional) 

No centro de Pontevedra Proxecto Home desenvolve un Programa de Acollida Directa que se centra no proceso de desintoxicación e estabilización dos dependentes para, posteriormente, derivalos a outros centros. Este ano atendeu a 32 persoas. Esta iniciativa vai dirixida ós adictos cos perfís máis desestructurados e, como permite a residencialidade, vai dirixido a toda Galicia. Tamén en Pontevedra se desenvolve un programa de rehabilitación de alcoholismo que no 2007 atendeu a 78 persoas. Deste xeito, en Pontevedra recibiron asistencia un total de 110 persoas no 2007. 

Proxecto Home Galicia desenvolve distintas actividades destinadas á prevención, tratamento e reinserción de toxicómanos, con especial preocupación nos casos de persoas que poden presentar problemas de integración social ou exclusión laboral. 

Esta iniciativa dirixida ós drogodependentes é gratuíta, xa que nace e se mantén como un servizo desinteresado e solidario para os toxicómanos, as súas familias e a sociedade galega en xeral. Outra das súas principais características consiste en que, nos casos de toxicómanos que carecen de acompañamento familiar, se arbitran solucións como pisos de acollida ou familias sustitutorias. O ámbito de actuación deste convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra.  

A  Deputación de Pontevedra ven mantendo esta liña de colaboración anualmente con Proxecto Home Galicia consciente do problema derivado do uso e consumo de substancias tóxicas e da necesidade de este tipo de colectivos de colaboracións institucionais para desenvolver programas de integración social e laboral dirixidos a persoas que, debido ás súas dependencias, poidan atoparse en situación de risco de exclusión social. 
 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com