Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación oferta máis de 1.200 prazas para os campamentos de verán da Lanzada

por Vm - 28/04/2008
A vicepresidenta provincial de Benestar Social e Muller da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa, e a directora da Cidade Infantil Príncipe Felipe, Zoila Paz, presentaron os campamentos que organiza a institución provincial no Centro de Vacacións da Lanzada.

A vicepresidenta provincial de Benestar Social e Muller da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa, e a directora da Cidade Infantil Príncipe Felipe, Zoila Paz, presentaron os campamentos que organiza a institución provincial no Centro de Vacacións da Lanzada, que o presente verán do 2008 ofertarán prazas para un total de 1.280 rapaces. 

Poderán solicitar este servizo nenos e nenas procedentes de todos os municipios da provincia de Pontevedra con idades comprendidas entre os oito e trece anos. As solicitudes presentarase no Concello no que teñan o seu domicilio habitual os rapaces antes do día 12 de maio.  

O prezo dos campamentos ascende a 68 euros por neno, aínda que esta cantidade pode verse reducida xa que moitos concellos subvencionan unha parte. A Deputación organizará oito quendas para os campamentos coa participación de 160 nenos en cada turno.  

O primeiro turno celebrarase entre os días 1 e 7 de xullo; o segundo entre o 8 e o 14 de xullo; o terceiro entre o 16 de xullo e o 22 de xullo; o cuarto entre o 23 e o 29 de xullo; o quinto entre o 1 e o 7 de agosto; o sexto terá lugar entre os días 8 e 14 de agosto; o sétimo, entre o 16 e o 22 de agosto; e, finalmente, o octavo e último campamento celebrarase entre o 23 e o 29 de agosto. 

A Deputación de Pontevedra vén organizando os campamentos da Lanzada dende hai máis de vinte anos. Sobre este aspecto, a vicepresidenta de Benestar Social e Muller, Teresa Pedrosa, explicou que se ben nun principio esta iniciativa estaba orientada unicamente ós rapaces dos municipios do interior da provincia, actualmente está aberta a todos os concellos “xa que ademais do coñecemento do mar se ofertan outras moitas actividades que son de interese para todos os nenos da provincia”. 
 
 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com