Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Intermón Oxfam pide a colaboración da Deputación na celebración da XIV festa da solidariedade

por Vm - 15/04/2008
O vicepresidente, José Juan Durán, recibiu onte a representantes da entidade Intermón Oxfam que solicitaron a colaboración da Deputación na celebración da décimo cuarta festa da solidariedade que se celebrará a finais do presente mes de abril en Vigo.
O vicepresidente, José Juan Durán, recibiu onte a representantes da entidade Intermón Oxfam que solicitaron a colaboración da Deputación na celebración da décimo cuarta festa da solidariedade que se celebrará a finais do presente mes de abril en Vigo. Trátase dunha festa que, baixo o título ‘Un día para la esperanza’, pretende amosar a solidariedade da cidadanía cos pobos empobrecidos.  Así, este acto terá como obxectivo favorecer a toma de contacto coa ralidade dos países empobrecidos, proporcionar información sobre as accións de Intermón Oxfam e promover a participación do público nas mesmas.

 

Por outra banda, os representantes da ONG solicitaron a colaboración da Deputación para poder instalar un stand na feira do libro de Vigo. Neste senso, José Juan Durán, confirmou que o organismo provincial prestará o seu apoio a esta iniciativa, tal e como ten feito en anos anteriores.

 

Intermón Oxfam é unha das ONG máis arraigadas no noso país con máis de 50 anos de experiencia. Esta entidade actúa en países de África, América e Asia cooperando en 492 programas de desenvolvemento e 72 de humanitaria. Do mesmo xeito fomenta o comercio xusto, apoiando a 104 grupos de productores e promove campañas de sensibilización social.

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com