Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

O Proxecto ‘Aquelando’ beneficia a un total de 238 persoas da Provincia de Pontevedra

por Vm - 13/04/2008
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, estivo presente na clausura do Proxecto 'Aquelando'.

A clausura oficial do Proxecto ‘Aquelando’ da Deputación de Pontevedra tivo lugar o xoves no Castelo de Soutomaior. Este proxecto, que se puxo en marcha o 1 de abril do 2006, remata cun total de 238 persoas beneficiarias nestes  dous últimos anos. 

‘Aquelando’ creouse co obxectivo de facilitar a inserción profesional de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado laboral no campo de atención a persoas, facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas da provincia de Pontevedra pero, sobre todo, as mulleres e os pertencentes ós colectivos de inmigrantes, emigrantes retornados, minorías étnicas, persoas en risco de exclusión social e desempregados de longa duración.

Do mesmo xeito, o programa tivo en conta as necesidades de integración social e laboral das persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial, persoas sometidas a un maltrato físico ou psíquico e persoas nun proceso de rehabilitación ou reinserción social. 

A iniciativa contemplou, entre as súas actividades, a posta en marcha de 12 cursos teórico-prácticos nos que se impartiron áreas formativas no eido da atención as persoas, en concreto na atención a persoas maiores, ocio e tempo libre, infancia e persoas discapacitadas. 

O proxecto foi subvencionada polo Fondo Social Europeo no eido da subvención global a través do Ministerio de Administracións Públicas e contou cun orzamento total de 890.808.50 euros, dos cales o FSE asumiu o 70% e a institución provincial o 30 %.

Pese á celebración deste acto de clausura, o traballo realizado pretende ter  continuidade, xa que Deputación solicitou de novo a subvención ó Fondo Social Europeo co fin de dar continuidade a accións similares mediante o Proxecto ‘Aquelando 2’ que desenvolverá itinerarios formativos de corte teórico e práctico centrado en temas de atención a persoas: axuda a domicilio, auxiliar de xeriatría, coidador/a de persoas dependentes, tarefas domésticas en centros socio-sanitarios e fogares, mediador intercultural, entre outros. A iniciativa incluirá tamén formación práctica e inserción laboral.  

Este plan incluirá módulos formativos para sacar o carné de conducir B para que as persoas que reciban formación en atención a persoas poidan desprazarse a diferentes puntos da provincia para traballar. En caso de ser concedido, o orzamento do proxecto ascenderá de 2,6 millóns de euros dos cales o 80% será achegado polo FSE e o 20% pola Deputación que aportará 523.433, 54 euros. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com