Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Un total de 384 persoas se beneficiarán da ‘Campaña de Primavera de Balnearios’ no cuarto grupo aprobado pola Deputación

por Vm - 10/04/2008

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte o cuarto listado de 384 persoas procedentes de 10 concellos da provincia que participarán na ‘Campaña de Primavera’ (abril, maio e xuño) do programa de Balnearios. Na campaña de primavera de balnearios xa participaron a día de hoxe 1.521 persoas. 

O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás seguidas de luns a venres nun balneario da provincia, onde os usuarios disfrutarán durante dúas horas das instalacións como piscinas, camas de masaxe, sauna, cabinas de vapor etc. Os beneficiarios son recollidos por autobuses en puntos sinalados.  

Na Comarca de Arousa, os beneficiados son 24 persoas de Ribadumia e 81 de Vilanova de Arousa. Na Comarca de Vigo, 2 de Pazos de Borbén. No Deza, 1 participante de Vila de Cruces e 47 de Silleda. No Sur da provincia, 100 de O Porriño, 5 de A Cañiza e 6 de Gondomar. Na Comarca do Morrazo, 43 de Cangas e 75 de Moaña.

O organismo provincial subvencionará a cada usuario con 52 euros, os concellos adheridos financiarán 32 euros por persoa e os beneficiarios deberán pagar 31 euros se van ó Balneario de Cuntis, 36 euros se asisten ó Balneario de Mondariz e 43 euros se viaxan ó Balneario de A Toxa. 

Nos casos nos que o concello non participa no programa, os usuarios deberán pagar 63 euros por ir ó Balneario de Cuntis, 68 por Mondariz e 75 por acudir ó Balneario de A Toxa. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com