Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación rematará en 2008 a instalación de geopista en 60 municipios da provincia

por Vm - 13/04/2008
Louzán dixo que a Deputación Provincial de Pontevedra completará o presente 2008 a implantación do Sistema informático Geopista en 60 concellos da provincia.

A Deputación Provincial de Pontevedra completará o presente 2008 a implantación do Sistema informático Geopista en 60 concellos da provincia. Este programa xa está funcionando e en fase de seguimento en 27 concellos polo que, na segunda fase da iniciativa, o sistema será instalado nos 33 concellos restantes.

Así, os 33 concellos nos que o sistema se vai a implantar durante o presente ano son: Agolada, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Forcarei, A Guarda, Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Valga, e Vilaboa. 

O Sistema Geopista permitirá automatizar procedementos que na actualidade teñen un alto custe administrativo e integrará outras ferramentas como as de xestión catastral que permitirán o acceso á Oficina Virtual de Catastro  ou importar ficheiros do Padrón.

Unha vez instalado, o programa terá múltiples aplicacións que facilitarán o intercambio de información entre administracións e mellorar o xestión interna, ademais de axilizar os servizos de xestión e atención ó cidadán. Así, por exemplo, o programa posibilitará editar e consultar os plans existentes no municipio (calificación do chan, ámbitos de xestións, aliñacións), acceder a información sobre as redes de saneamento e abastecemento do municipio (datos sobre avarías, o estado da rede), ou a consulta e edición da información relativa ó capítulo de Bens Inmobles do inventario de Patrimonio Municipal.

Geopista permite tamén xestionar licenzas de obra maior e menor ( estado de cada expediente, xeración de planos de licenzas solicitadas e mapas que permiten visualizar as licenzas de cada zona), xestionar solicitudes de ocupación da vía pública (plano de ocupación, xestión de eventos e avisos sobre licenzas), e a xestión de actividades contaminantes (mantemento dun histórico sobre actividades contaminantes, control de inspeccións e expedientes, mapas de actividades contaminantes que permitirán visualizar as zonas de risco ou que precisen tratamentos específicos). 

Do mesmo xeito, a través de Geopista os concellos adheridos poderán publicar os seus mapas en internet máis significativos, garantindo a súa presenza do municipio na rede. Ademais poderanse realizar operacións de zoom (con posibilidade de impresión, localización de vías).

Instalación pioneira a nivel provincial

Representantes dos 33 concellos implicados na segunda fase de implantación participaron onte nunha xornada técnica sobre o sistema na que estivo presente o titular da administración provincial, Rafael Louzán. O presidente puxo de relevo que “somos a  primeira Deputación en España en dar o paso na implantación de este sistema a nivel provincial xa que o resto das iniciativas son de concellos o deputacións españolas pero a nivel individual”. Neste senso, Louzán destacou a aposta da institución por “impulsar e animar ós concellos na implantación de novas tecnoloxías para mellorar da xestión municipal e axilizar a atención ó cidadán” 

O custe  da segunda fase do proxecto  ascende a 481.593 euros cofinanciado ó 50% polo Ministerio de Administracións Públicas e a Deputación dentro do Programa de Modernización Local. Na primeira fase investíronse 500.000 euros.  

A Deputación apostou dende o primeiro momento pola implantación de Geopista debido a que dispón dun Software gratuíto e de licenza libre; ás altas posibilidades de desenvolvemento e implantación futuros (gran número de entidades que se están adherindo a nivel nacional e internacional (Hispanoamérica); e porque está pensado para solucionar los problemas de la administración local. 

O sistema de Xestión da Administración Local Geopista baseado nun sistema de información xeográfica está dirixido a concellos de menos de 50.000 habitantes. Promoven a iniciativa ademais da Deputación como entidade colaboradora, o Ministerio de Industria, a FEMP, o Ministerio de Administracións Públicas, Ministerio de Economía e Facenda, a Dirección Xeral do Catastro, Instituto Nacional de Estatística e  o Instituto Xeográfico Nacional. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com