Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

O Plan Agrupado de Formación Continua organizará 57 cursos para persoal da Deputación e dos concellos da provincia

por Vm - 07/04/2008

O Plan Agrupado de Formación Continua organizará entre maio e setembro de este ano 57 cursos formativos dirixidos ó persoal da Deputación, dos concellos adheridos ó plan, 57 dos 62 que conforman a provincia, e tamén dos traballadores do ORAL. 

Na comarca de Pontevedra celebraranse 7 cursos para todo o persoal e 12 para os traballadores da institución provincial, no Salnés celebraranse 6 cursos de formación, no norte da provincia, é dicir, nas comarcas de Deza e Tabeirós, impartiranse 3 cursos e no sur da provincia (Condado, Paradanta, Louriña, Baixo Miño e Val Miñor) celebraranse outros 5 cursos. Ademais, o Plan Agrupado contempla 15 cursos online, 3 semipresenciais e 12 accións formativas ademais dos 4 cursos da AGASP e do INAP. 

Os participantes nos cursos serán seleccionados en base a criterios como que exista unha relación entre o contido do curso e as funcións exercidas polos solicitantes, a proximidade xeográfica do lugar no que se imparte, a antigüidade, ter realizado nos últimos anos un menor número de cursos relacionados co contido temático do que se solicita e posuír o menor número de cursos realizados na Deputación, Escolas, Institutos ou Administración Pública. A cada un dos alumnos do curso que participen con regularidade nel recibirán un certificado de asistencia.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com