Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

O Proxecto ‘Aquelando’ da Deputación de Pontevedra beneficia a preto de mil persoas

por Vm - 07/04/2008

O Proxecto ‘Aquelando’ da Deputación de Pontevedra celebrará no Castelo de Soutomaior, o vindeiro 11 de abril, o seu acto de clausura, logo de beneficiar a un total de 945 persoas ó longo dos dous últimos anos. Ó evento asistirán o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, que será o encargado de pechar o acto, e o deputado delegado de recursos externos, promoción económica, emprego e comercio, Xosé Carlos Silva Mariño, quen se encargará da apertura. 

Celebrarase unha charla sobre a experiencia das empresas colaboradoras e das persoas beneficiarias do Proxecto ‘Aquelando’ na que intervirán un alumno e un representante dunha empresa participante do mesmo. 

Este proxecto, que se puxo en marcha o 1 de abril do 2006, contemplou o desenvolvemento de 5 accións esenciais: as de recepción de persoas,  de formación ocupacional, de intermediación laboral, de inserción laboral e de creación de empresas.  

Na acción de recepción de persoas, fíxose a análise de necesidades e acompañamento no itinerario, na que foron atendidas un total de 538 persoas, repartidas en 521 mulleres e 17 homes. En formación ocupacional, labores das que se viron beneficiadas ata 212 persoas, mediante a realización de cursos de Auxiliar de Axuda a domicilio con persoas maiores (nos concellos de Sanxenxo, Porriño e Silleda), de Axuda a domicilio con persoas discapacitadas (nos concellos de Caldas, Cambados e Cangas), de Axuda de Coidado Infantil (nos concellos de Pontevedra, Ponteareas e A Guarda) e de Animación de ocio e ocupación do tempo libre (nos concellos de A Estrada, Pontevedra e Gondomar). 

En intermediación laboral levaronse a cabo visitas a empresas do sector do ocio e da infancia e mais de maiores e discapacitados, rexistrando un total de 98 empresas visitadas. En inserción laboral, chegando a beneficiar a 195 persoas, das que 91 se puideron inserir no mundo do emprego: 84 con contrato en empresas e outras 7 sen contrato, traballando en domicilios particulares. Por último, en Autoemprego, para o que se desenvolveron ó longo do proxecto dous seminarios de creación de empresas. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com