Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Aprobadas as bases do ‘Certame Novos Valores 2008’, que repartirá 36.000 euros en seis premios

por Vm - 10/04/2008

A Xunta de Goberno da Deputación ven de aprobar as bases que rexerán o ‘Certame Novos Valores 2008’. Segundo este documento, as persoas interesadas en tomar parte deste premio poderán presentar as súas obras nun prazo que se estenderá dende  o día 14 de maio ata o 23 do mesmo mes.

Poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas –pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas ou vídeocreadores- susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes en Galicia. Quedan excluídos da convocatoria os artistas xa premiados nalgunhas das anteriores edicións deste mesmo certame.  

Os participantes poderán presentar as súas obras no edificio Sarmiento do Museo Provincial, de martes a venres e entre as 10.00 e as 13.00 horas. Xunto cos traballos, entregarán unha fotocopia do DNI e o boletín de inscrición debidamente cuberto. Este poderá ser recollido tanto do Servizo de Cultura da Deputación coma no Museo de Pontevedra. 

O xurado seleccionador estará composto polo titular da Corporación Provincial ou o deputado en quen delegue, o deputado-presidente da Comisión de Cultura, cinco persoas de recoñecidos prestixio nos campos da Crítica, das Artes ou da Historia da Arte, así como o secretario titular da Deputación ou o funcionario en quen delegue.  

Este mesmo xurado será o encargado de propor, de entre as obras inicialmente, seleccionadas, a adxudicación ós seus autores de seis axudas económicas para a ampliación dos seus estudos artísticos, por importe de 6.000 euros brutos cada unha (36.000 euros en total). Un destes premios levará o nome de José Fernández López e deberá recaer necesariamente nunha obra pictórica. 
 

    
Sobre este artículo
3 / 5 (1 Votos)
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com