Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

Douscentos rapaces de toda a provincia inauguran os Campamentos de Verán da Lanzada

por VM - 25/06/2009
 
Estes nenos permanecerán sete días nestas instalacións, tempo no que desenvolverán actividades de natureza, saídas á praia, veladas nocturnas, viaxe a ons e outras actividades lúdicas e deportivas… REMITIDA.

A vicepresidenta, Teresa Pedrosa, e a responsable do Centro de Vacacións da Lanzada, déronlle este mércores a benvida a 200 rapaces de diferentes puntos da provincia de Pontevedra que inauguraron a primeira quenda de campamentos de verán da Lanzada, organizados pola Deputación.

Estes nenos permanecerán sete días nestas instalacións, tempo no que desenvolverán actividades de natureza, saídas á praia, veladas nocturnas, viaxe a ons e outras actividades lúdicas e deportivas… Esta iniciativa realizarase dende o 24 de xuño ata o 5 de setembro, ambos inclusive. Participan nenos con idades comprendidas entre os oito e os trece anos.

Este ano ampliáronse os campamentos de 8 a 10 quendas e tamén aumentaron en 20 o número de prazas de cada un. A Deputación intensificou nos últimos anos a actividade do Centro da Lanzada de xeito que en cinco anos pasou de acoller durante o verán a 400 rapaces a preto de 2.500.

Os campamentos de verán organizados pola Deputación son os máis baratos de Galicia cun custe de 68 euros por neno. Este prezo inclúe todas as actividades, pensión completa, excursións etc. En total participan nos campamentos da Deputación 2.500 rapaces (200 en cada quenda).

A Deputación de Pontevedra vén organizando os campamentos da Lanzada dende hai aproximadamente vinte anos. Nun principio esta iniciativa estaba unicamente dirixida ós rapaces dos municipios do interior da provincia, pero actualmente está aberta a todos os municipios da provincia, xa que ademais do coñecemento do mar ofértanse outras moitas actividades que son de interese para todos os nenos da provincia.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com