Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

A Deputación organiza seminarios formativos para o pequeno comercio

por VM - 22/06/2009

A Deputación de Pontevedra, a través da Área de Comercio do Servizo de Desenvolvemento Local, organiza seis seminarios formativos en A Guarda, Silleda, Meaño, Marín, Pontevedra e Poio, dirixidos ós traballadores do pequeno comercio. Esta acción realízase en colaboración co IGAPE- Bic Galicia e coas asociacións de comerciantes da provincia.

Esta acción realízase dentro da liña de acción 'Formación e cualificación do sector comercial' recollida no Plan Director de Comercio, a través da cal a Deputación pretende dotar a este sector "de maior capacitación profesional no ámbito que lles afecta con formación en novas tecnoloxías, técnicas de venda, a calidade do servizo no pequeno comercio, e diversas medidas que se deben tomar ante a crise". afirma o ente provincial.

Os seminarios desenvolveranse nos meses de xuño e xullo e comezarán esta semana. Así, no mércores, 24, 'Como afrontar a crise: medidas para afrontar a crise I' na Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda (ACIGU). En horario de 20.00 a 22.00 horas no local da rúa Agustín Nandín Lomba, nº4- A Guarda.

No día seguinte, 25 de xuño, 'Como afrontar a crise: medidas para afrontar a crise I' no local social de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS). En horario de 21.00 a 23.00 horas na Casa de Cultura de Silleda, R/Progreso, nº 41 Silleda. No venres 26, 'Promoción, un estímulo para a venda' no local facilitado pola asociación de comerciantes de Meaño (O Corazón de Meaño). En horario de 21.00 a 23.00 horas no Pazo de Lis (ó lado do concello, R/Campo da Feira) e nos días 29 e 30 xuño, 'Promoción, un estímulo para a venda' no local social da Asociación Estrela de Marín. Horario: 20.30 a 22.30 horas no local social da asociación R/Real, nº 10 baixo- Marín.

No mes de xullo, no día 2, o seminario tratará sobre 'A importancia de informatizar o comercio' e terá lugar na Asociación da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra, de 20.30 a 22.30; e nos días 8 e 9, a charla será sobre 'Calidade no servizo no pequeno comercio' na Asociación de Comerciantes e Empresarios de Poio, de 20.30 a 22.30 horas.



    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com