Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

Louzán propón fórmulas de participación público-privadas para financiar a rede provincial de estradas

por VM - 16/06/2009
 
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, propuxo hoxe no Congreso Nacional de Estradas Locais que ten lugar en Pontevedra fórmulas de participación público-privadas para financiar a rede de estradas provinciais. REMITIDA.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, propuxo hoxe no Congreso Nacional de Estradas Locais que ten lugar en Pontevedra fórmulas de participación público-privadas para financiar a rede de estradas provinciais.

Louzán sinalou que esa proposta ven derivada do momento de crise económica e da prevista redución dos Fondos Feder e de Cohesión "estas dúas circunstancias condicionan gravemente os plans de inversión das Administracións Públicas e por iso hai que buscar novas vías de financiación que permitan manter e incrementar o ritmo inversor nas nosas infraestruturas viarias pois son un elemento clave para dinamizar a economía, para a competitividade e para o futuro", dixo.

Na súa proposta, indicou que a fonte tradicional para financiar a rede de estradas foran os fondos públicos pero dixo que "cada vez é máis frecuente recorrer por parte da Administración a outras fontes, a través de xeitos de participación públicos e privados". Louzán afirmou que xa se puxeron en marcha experiencias de sistemas de concesión de obra pública, de conservación e explotación da rede. Nestas fórmulas, encomendase ó concesionario construír unha serie de actuacións e realizar a conservación e explotación integral da vía. Pola súa banda, a Administración inspecciona que a prestación do concesionario se axuste ó pactado e abona a este o canon que se establece en función da demanda -a "peaxe na sombra"-, do nivel de dispoñibilidade de vía (establecendo índices de calidade do servizo) ou ben de sistemas que incorporen ambas variables.

Segundo explicou, a posta en marcha destes sistemas require redactar un estudio de viabilidade da concesión que, unha vez feito, permita á Administración seleccionar as actuacións que deben ofertar os licitadores redactando os proxectos. Unha vez definidas as actuacións, a Administración licita a concesión, analiza ofertas e adxudica o contrato, adicándose, perante a etapa de explotación, a xestionar e controlar a concesión.

Na proposta formulada hoxe ante os 300 congresistas que participan no Novo Museo de Pontevedra no Simposio Nacional de Vías e Obras Locais, Louzán destacou que un sistema parecido foi ensaiado por varios organismos provinciais, sendo o pioneira a Deputación de Toledo. No Congreso toman parte responsables do Ministerio de Fomento e de varias deputacións españolas, empresarios, enxeñeiros e profesores de universidades do Estado, entre outros.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com