Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

O xurado de 'Novos Valores' elixe un total de 40 traballos dos 290 que se presentaron este ano

por VM - 12/06/2009
 
O vicepresidente e Deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, presidiu este venres o xurado cualificador das obras do certame 'Novos Valores 2009' que, tras dous días de deliberación, escolleu os 40 traballos finalistas que concorrerán polas seis bolsas de 6.000 euros cada unha. REMITIDA.

O vicepresidente e Deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, presidiu este venres o xurado cualificador das obras do certame 'Novos Valores 2009' que, tras dous días de deliberación, escolleu os 40 traballos finalistas que concorrerán polas seis bolsas de 6.000 euros cada unha.

Destes 40 traballos que pasarán a exporse no Novo Edificio do Museo de Pontevedra, 11 son fotografías, 8 son pinturas, 7 son esculturas, 7 son vídeos, 4 son debuxos, 2 gravados e 1 clasificado na categoría varios. Este ano se presentaron a concurso un total de 290 obras.

Estas seis axudas económicas a que concorren ós traballos seleccionados han servir para a ampliación dos estudos artísticos dos autores galardoados. Un destes premios levará o nome de José Fernández López e deberá recaer necesariamente nunha obra pictórica.

O xurado seleccionador, composto polo vicepresidente provincial, José Juan Durán; o director do Museo, Carlos Valle; e cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da Crítica, das Artes e da Historia da Arte; así coma o secretario titular da Deputación, será o mesmo que seleccione as seis obras gañadoras de entre as 40 que chegaron á fase de exposición.

Novos Valores, un dos certames máis sobranceiros dos organizados polo Museo de Pontevedra xunto coa Bienal de Arte e os Premios á Investigación, está orientado a todos os artistas –pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas ou videocreadores– susceptibles de ser considerados novos valores, naturais ou residentes en Galicia.

Plicas cerradas

Co obxecto de garantir un proceso máis limpo, este ano introduciuse a novidade de entregar as obras e a identidade dos autores baixo plica, en sobre pechado, que se abrirán o vindeiro martes, día 16 de xuño.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com