Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

Corenta empresarios inician unha rolda de visitas de entidades e colectivos sociais a organismos da Deputación de Pontevedra

por VM - 10/06/2009
 
A rolda de visitas, iniciada este martes polos empresarios da provincia, continuará en vindeiras datas con representantes de varios Colexios Oficiais e Profesionais. REMITIDA.

Preto de corenta empresarios da provincia de Pontevedra visitaron este martes o novo Museo de Pontevedra e a Escola de Canteiros, acompañados polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e os vicepresidentes José Manuel Figueroa, Teresa Pedrosa e José Juan Durán. A visita enmarcase nunha nova iniciativa da institución provincial para dar a coñecer o Patrimonio Provincial a entidades e colectivos de distintos sectores sociais, culturais, económicos e empresariais da provincia.

A rolda de visitas, iniciada este martes polos empresarios da provincia, continuará en vindeiras datas con representantes de varios Colexios Oficiais e Profesionais. As visitas teñen por obxecto achegar a estes colectivos tanto o Novo Museo de Pontevedra, que Louzán definiu como "escaparate da cidade e da provincia de Pontevedra", como a Escola de Canteiros e outros organismos e centros pertencentes á Deputación de Pontevedra.

Na súa intervención ante os empresarios, Louzán indicou que pretendía "abrir ós colectivos da cidade, da provincia e de Galicia os centros e organismos do patrimonio público da Deputación para ofrecer os seus servizos, potenciar os seus recursos e implicalos na sociedade". Neste senso, destacou as posibilidades do novo museo para acoller actos sectoriais e profesionais polas súas condicións e de proxección ou a Escola de Canteiros pola relación profesional que mantén coas empresas e as posibilidades de inserción laboral de persoal cualificado que ofrece.

Os empresarios que participaron na xira polos centros da Deputación figuraban Fernández Alvariño, Ramón Búa, Eugenio Buján, Luis Novoa, Encarna Álvarez, José María Rodríguez, Amparo Salgueiro e Pilar Blanco Tuimil (CEP), Xosé García Bangueses (FECIMO), Gonzalo Figueiras (A Estrada), José Besada (EMGROBES), José Mañas (AEMOS), Francisco Raúl Alonso (ATEIA), Bonifacio Logares (ACOESPO), Reinaldo Iglesias (ARVI), José Antonio Fernández (APEC), Javier Martínez (ASIME), Miguel Font (APROIN), José Alonso (INSTALECTRA), Enrique Fontán (ATRA), Carmen García Braga (ACIGU), Jorge Álvarez Bautista (ACITUI), David Sobral (Porriño), Antonio Reguera Repiso (Federación de Comercio), José María Barbosa (ASEHOSPO), Pedro Regojo e Alberto Rocha (Confección), José Antonio Gómez (Redondela), Andrés Quintá (AEVU), Hermenegildo Novoa (AEMPE), Teresa Vidal (APE), Esther Collazo (FECIMO) e Manuel Álvarez (BRUESA).

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com