|
A Xunta de Goberno da Deputación acordou esta semana adxudicarlle á empresa Transgalaica, S.L o concurso da asistencia técnica e educativa dos campamentos de verán do Centro da Lanzada. O prezo por cada quenda de campamento ascenderá a 12.294 euros.
Este ano ampliaranse os campamentos de 8 a 10 quendas e tamén aumentarán en 20 o número de prazas de cada un. A Deputación intensificou nos últimos anos a actividade do Centro da Lanzada de xeito que en cinco anos pasou de acoller durante o verán a 400 rapaces a preto de 2.500.
Os Campamentos de verán organizados pola Deputación son os máis baratos de Galicia cun custe de 68 euros por neno. Este prezo inclúe todas as actividades, pensión completa, excursións etc. En total participarán nos campamentos da Deputación 2.500 rapaces (200 en cada quenda).
Estes nenos permanecerán sete días nestas instalacións tempo no que desenvolverán numerosas actividades: actividades de natureza, saídas á praia, veladas nocturnas, viaxe a ons, e outras actividades lúdicas e deportivas. Esta actividade realizaranse dende o 24 de xuño ata o 5 de setembro, ambos inclusive. Participarán nenos con idades comprendidas entre os oito e os trece anos.
|