Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

A mostra 'Los desastres de la Guerra de Goya' abre en Arcade a programación do Bicentenario da Guerra da Independencia

por VM - 05/06/2009
 
O vicepresidente da Deputación e deputado delegado de Cultura, José Juan Durán; o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle; e o representante da Asociación Heroes de Pontesampaio, Ramón Agulla, inauguraron este xoves unha mostra de 36 reproducións dos gravados de 'Los Desastres de la Guerra de Goya' que permanecerá aberta ó publico no Centro Cultural de Arcade o 4 ó 21 de xuño. REMITIDA.

O vicepresidente da Deputación e deputado delegado de Cultura, José Juan Durán; o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle; e o representante da Asociación Heroes de Pontesampaio, Ramón Agulla, inauguraron este xoves unha mostra de 36 reproducións dos gravados de 'Los Desastres de la Guerra de Goya' que permanecerá aberta ó publico no Centro Cultural de Arcade o 4 ó 21 de xuño.

Esta exposición abre o calendario de actos programados para os días 6 e 7 de xuño con motivo da celebración do Bicentenario da Guerra da Independencia. Terá un carácter itinerante de xeito que rotará por salas de exposicións dos municipios de Forcarei, Vilanova, Sanxenxo, Moraña, Lalín, Vila de Cruces, Agolada, Meis, Ribadumia entre outros.

Segundo manifestou Durán, "con esta mostra os cidadáns terán unha magnífica ocasión para ver gravados de Goya a través dos cales nos amosa en toda a súa crueza os horrores da guerra nun momento determinado da historia da humanidade". O vicepresidente destacou, asemade, o "altísimo valor artístico destas obras" cuxas representacións "nos dan pé para reflexionar sobre a barbarie humana". Finalmente José Juan Durán recordou que a primeira vez que puido observar estas obras "foi cando era neno e recordo que me causaron unha impresión moi similar á que tiven cando tiven a ocasión de ver o Guernica de Picasso".

Pola súa banda, Agustín Reguera cualificou esta mostra como "unha das actividades de maior importancia" dentro da programación do bicentenario. Finalmente, invitou a todos os veciños a visitar a sala de mostras e anunciou que os escolares de Soutomaior se desprazarán ata este centro cultural para que coñezan de primeira man a obra de Goya.

O director do Museo de Pontevedra recordou que esta obra non foi editada en vida do autor xa que isto lle traería moitos problemas pola temática abordada. De feito, especificou "a obra foi realizada entre 1810 e 1815 pero viu a luz por primeira vez en 1863". Finalmente Carlos Valle puxo de relevo o gran dramatismo das obras e a categoría de Goya como un dos debuxantes máis importantes de toda a historia.

O Museo de Pontevedra posúe exemplar excepcional da 1º edición de Los Desastres de la Guerra (tamén das outras tres grandes series realizadas polo eximio artista aragonés) e dun dos conxuntos bibliográficos sobre a vida e a obra de Goya máis importantes reunidos no mundo. Cun dramatismo e unha modernidade precursora dos reportaxes de guerra da prensa actual, o artista narra, cunha mirada fortemente crítica e exenta de reivindicación heroica, no só os horrores da guerra senón tamén a súa opinión sobre o irracional da condición humana. Goya aborda unha escalofriante denuncia da guerra e das súas consecuencias a través das vítimas da mesma, os homes e mulleres que sofren, padecen e morren, pero en calquera dos dous bandos.

 

 

 

 

 

 

 

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com