| |  | | | | | Os xardÃns do Castelo de Soutomaior acolleron este martes os actos de presentación dos actos centrais da programación proxectada pola Deputación e polo Concello de Soutomaior con motivo do Bicentenario da Guerra da Independencia. REMITIDA. | | | |
Os xardíns do Castelo de Soutomaior acolleron este martes os actos de presentación da programación proxectada pola Deputación e polo Concello de Soutomaior con motivo do Bicentenario da Guerra da Independencia. No acto participou o vicepresidente, José Juan Durán, que tamén é o responsable da área de Cultura da Deputación; o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; e o presidente da Asociación Heroes de Pontesampaio, Ramón Agulla.
Os actos terán lugar os días 7 e 8 de xuño. O día 7 celebrarase en Pontevedra unha ofrenda floral ós pes da estatua dos Heroes de Pontesampaio e entregarase unha placa conmemorativa do 200 aniversario. O día 8, en Pontesampaio, terá lugar a recreación da batalla.
Segundo informou José Juan Durán, os actos desenvolveranse entre a cidade de Pontevedra e o lugar no que se fraguou a batalla, sobre a ponte de Pontesampaio. O vicepresidente puntualizou que "a Deputación plantexou unha programación de contidos de carácter cultural fundamentalmente posto que douscentos anos despois o aspecto militar ten unha importancia dende o punto de vista histórico pero o que perviven son os aspectos culturais".
Así, os cidadáns poderán visitar unha exposición dos Desastres da Guerra, de Goya e unha exposición de Cartografía antiga da provincia, da cartoteca Domingo Fontán, "onde poderán consultar mapas antigos dos puntos onde se desenvolveu a batalla", sinalou Durán. Ambas mostras terán un carácter itinerante.
Tamén, a institución provincial organizará un concurso-redacción para nenos e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolverá o curso específico "A guerra da independencia en Galicia: derrota e vitoria (1808-1809) (Pontesampaio 200 anos despois)" con motivo da celebración. Este terá lugar do 21 ó 23 de setembro en Pontevedra.
Segundo informou Durán, a Deputación de Pontevedra participará ofertando distintos actos ós concellos que tiveron implicación na contenda. Levará a cabo exposicións no Museo de Pontevedra, en colaboración coa Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais. Así mesmo, unha exposición itinerante dos Desastres da Guerra, de Goya e unha exposición itinerante de Cartografía antiga da provincia.
Pola súa banda, o Servizo de Publicacións da Deputación editará tres libros de temática relacionada coa Guerra da Independencia e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolverá tamén un curso específico con motivo da celebración. Ademais destas accións culturais, os actos conmemorativos comprenden tamén actividades lúdicas para o gozo da cidadanía.
Programación
- Sábado, 6 de xuño:
Pontesampaio
10.00 Inauguración do mercado de época.
11.00 Concentración e saída cara a Pontevedra.
18.30 Recinto de Festas. Grupo de gaitas e baile do C.C. Beira do Río de Pontesampaio.
19.30 Misa en homenaxe ós Caídos na Batalla.
21.00 Despregamento das tropas e entrada das unidades francesas.
21.30 Recreación da batalla na ponte.
23.00 Verbena popular amenizada por grupo folk e orquestra.
Pontevedra, avenida Montero Ríos
11.45 Chegada de autoridades, de militares e da tropa.
12.00 Xardíns do Pazo Provincial. Colocación da placa conmemorativa e ofrenda floral. Discursos. Salvas e honras.
12.30 Paseo de Montero Ríos. Desfile de tropas.
13.00 Pazo Provincial. Aperitivo autoridades e invitados.
14.00 Concentración da tropa e saída cara á Pontesampaio.
Arcade
17.30 Visita de recreadores á vila de Arcade.
- Domingo, 7 de xuño:
Arcade
11.30 Praza Talo Río. Recepción de autoridades civís e militares. Colocación de placa.
11.45 Paseo ata Pontesampaio (zona ponte).
Pontesampaio
12.00 Misa de Campaña.
12.30 Colocación da placa conmemorativa. Ofrenda floral, salvas e honras.
12.45 Despregamento de tropas.
13.00 Recreación da batalla na ponte e expulsión dos franceses. "Vivas".
18.00 Entrega de medallas e honras.
18.30 Arriado de bandeiras.
19.00 Acto solemne. Discursos e interpretación dos himnos.
|