Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -
entre os vindeiros días 1 e 4 de xullo

Celébranse tres seminarios sobre a figura de Víctor Said Armesto e un concerto no Museo de Pontevedra

por VM - 01/06/2009

O salón de actos do edificio Fernández López do Museo de Pontevedra acollerá entre os vindeiros días 1 e 4 de xullo tres seminarios sobre a figura de Víctor Said Armesto, e o concerto de canción galega para voz e piano “Cantigas de aquí e acolá”, a cargo da aula de canto do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.

Os seminarios comezarán o luns, 1 de xuño, ás 20 horas, coa poñencia “Víctor Said Armesto: un intelectual europeo do novecentos”, a cargo de José García Velasco, do CSIC de Madrid.

O martes, 2 de xuño, á mesma hora, Carlos Villanueva, da Universidade de Santiago de Compostela, ofrecerá a charla «“La flor de Agua” (1914), zarzuela de Víctor Said armesto e Conrado del Campo, ou como o romance se transformou en drama”.

O 3 de xuño, tamén ás 20 horas, Susana Asensio, do CSIC de Madrid exporá o “Romanceiro asturiano, un prólogo musical inacabado… e algunhas notas sobre as colaboracións con Galicia”.  

Este ciclo de charlas pecharase o día 4 de xuño, ás 20 horas, co concerto de canción galega para voz e piano “Cantigas de aquí e acolá”, a cargo da aula de canto do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.
Said Armesto

Víctor Said Armesto (Pontevedra, 1871 – Madrid, 1914) foi un dos intelectuais máis brillantes da súa xeración. Primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa da Universidade Española, participou moi activamente no proceso que levaría a fundación da Academia Galega. Escritor e investigador reputado, con obras de referencia inescusable aínda hoxe, frecuentou os faladoiros que tanto proliferaron en Pontevedra no tránsito do século XIX ó XX.

Víctor Said Armesto colaborou tamén dun xeito decidido e decisivo na recollida dos materiais (romance sobre todo) que acabaron conformando o afamado Cancioneiro musical de Galicia, colección presentada por el e Casto Sampedro ó Concurso promovido en 1909 pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando, cuxo premio recibiron en 1910.

A ponderar a súa egrexia figura, tratando de devolvela ó lugar de excelencia que ocupou no seu tempo e que nunca debeu perder, está dedicado este seminario, continuación do consagrado hai xustamente un ano ó seu mestre e amigo, Casto Sampedro, figura esencial tamén, como é ben sabido, na recuperación da tradición musical de Galicia.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com