Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

Deputación reclamará ao Goberno Central 4,2 millóns de euros para 12 concellos afectados pola AP-9

por VM - 29/05/2009

A Deputación vai solicitar ante o Ministerio de Facenda as compensacións polos beneficios fiscais que teñen as Autopistas e que non cobraron os concellos xestionados polo ORAL e afectados pola AP-9. Hai que destacar as cantidades a reclamar no período 2007-2009 por ter a consideración de BICES as autopistas de peaxe perante eses exercicios: 12 concellos cobraron 222.308 euros, e cobrarían, con esa reclamación, un total de 4.232.252 euros.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, dixo que "seguimos a buscar fondos para asegurar a solvencia financeira dos concellos, a súa correcta prestación de servizos para unha mellor calidade de vida dos cidadáns, e para que cooperen no emprego e no desenvolvemento económico". Por iso, "esta reclamación que hoxe presentamos súmase a outras iniciativas nosas como a reclamación polos BICES dos eólicos e minicentrais; o Plan Anticrise para xerar investimentos e emprego; e o Plan provincial de Emprego, de limpeza de espazos naturais".

Louzán afirmou tamén que dende a Deputación "estudamos outras iniciativas para incrementar os ingresos dos concellos, como o cobro do canon por instalación de móbiles, liñas de transporte de enerxía eléctrica da rede de alta tensión, etc", e informou que se convocará unha xuntanza de alcaldes afectados "para que cambien o tipo da ordenanza e pasen do 0,3 actual ó 1,3 e poidan incrementar os ingresos. Hoxe só Valga, Vilaboa e Caldas teñen o tipo do 1,3".

Dende o organismo provincial lembran que a lei de maio de 1972, reguladora das Autopistas de Peaxe, estableceu un beneficio fiscal para elas consistente nunha redución do 95% da contribución urbana (o actual IBI) sobre os terreos destinados ás autopistas de peaxe (exceptuábanse os edificios das oficinas das concesionarias. Esa redución ou bonificación foi mantida no decreto regulador da lei de 1973; foi prorrogada ata o ano 2013 nun decreto de 1977; e foi prorrogada ata o 18 de agosto de 2023 polo real decreto 1809, de 1994. Entre tanto, o decreto 173 do ano 2000 ampliou a concesión ata o ano 2048 aínda que mantén a bonificación antes citada ata agosto do 2023.

Para a Deputación esta situación prexudica os intereses económicos dos concellos afectados polo paso da Autopista e, por iso, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) desenvolveu traballos e negociacións para que foran suprimidos estes beneficios fiscais. A finais do 2008, elaborou un informe no que demandaba que, mentres non se produza un cambio na lexislación actual, o Executivo deberá buscar fórmulas que compensen os prexuízos económicos ós concellos.

Por outra banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid está a ditar sentenzas favorables ós concellos afectados polo paso de autopistas de peaxe en distintas comunidades autónomas. As sentenzas establecen a obriga do Estado de compensar o 95% das cotas non percibidas. Algunhas sentenzas foron recorridas ante o Tribunal Supremo.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com