| |  | | | | | O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu o xoves a un grupo de mandos gobernativos que participan nunha xuntanza de traballo sobre controles móbiles transfronteirizos hispano-portugueses. REMITIDA. | | | |
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu o xoves a un grupo de mandos gobernativos que participan nunha xuntanza de traballo sobre controles móbiles transfronteirizos hispano-portugueses. Asistiron, entre outros Rafael Daza, coronel da Garda Civil de Pontevedra; José Jar, comandante; Manuel Javier Novo, tenente coronel da Garda Civil de Ourense; Eduardo Duarte, tenente coronel da Garda Nacional Republicana (GNR) de Viana do Castelo; Manuel Joao de Barros, tenente coronel da GNR de Vila Real; Norberto Agostinho, Maior do destacamento fiscal da GNR de Oporto; e Francisco José Tavres, do departamento fiscal de Oporto.
|