Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

A Deputación contrata a 110 peóns da provincia para levar a cabo limpezas forestais e de praias

por VM - 29/05/2009
 
Louzán destacou que con este plan a institución pretende 'contribuír a frear o paro' e puntualizou que no presente 2009 'a Deputación facilitará emprego a máis de 30.000 persoas'. REMITIDA.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou o xoves o contrato laboral que servirá para que 110 persoas da provincia desenvolvan tarefas de limpeza forestal e de praias. Estes traballos, que terán lugar entre o 1 de xuño e o 30 de novembro, terán unha asignación económica de 1,1 millóns de euros que foi destinada a concellos entre 10.000 e 50.000 habitantes polo que podían acollerse a el un total de 22 municipios da provincia.

Os traballadores seleccionados corresponden ós seguintes concellos: Cambados, 5 peóns de limpeza e 1 peón reservado a discapacitados; O Grove, 6 peóns de limpeza, Sanxenxo, 8 peóns de limpeza, Vilagarcía, 6 peóns de limpeza, e Vilanova, 7 peóns de limpeza. Poio, 4 peóns de limpeza. Bueu, 3 peóns de limpeza; Cangas, 4 peóns de limpeza; Marín, 5 peóns de limpeza. A Estrada, 4 peóns forestais; Lalín, 7 peóns forestais. Baiona, 8 peóns de limpeza; Gondomar, 4 peóns de limpeza; Nigrán, 5 peóns; A Guarda, 5 peóns de limpeza; Tui, 5 peóns de limpeza. Mos, 6 peóns forestais; Porriño, 3 peóns forestais; Tomiño, 2 peóns de limpeza; Redondela, 5 peóns de limpeza. Ponteareas, 6 peóns forestais.

Louzán destacou que con este plan a institución pretende "contribuír a frear o paro" e puntualizou que no presente 2009 "a Deputación facilitará emprego a máis de 30.000 persoas". Do mesmo xeito, apelou á responsabilidade dos traballadores á hora de cumprir coa súa labor posto que " xogarán un papel importante na imaxe que a provincia proxecte durante a época estival ó centrarse o seu traballo na limpeza, rexeneración de praias, áreas recreativas, etc".

Case 2.000 solicitudes rexistradas

A Deputación Provincial de Pontevedra rexistrou un total de 1.940 solicitudes de persoas para traballar durante un período de seis meses no Plan de Conservación e Limpeza de espazos naturais convocado para o presente 2009. A través deste plan a institución pretende asegurar, nos meses de verán e de maior afluencia turística, unha prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal na totalidade do territorio provincial. Do mesmo xeito, contribuír a mitigar os efectos da situación económica do país cun crecente número de parados.

Os traballos comprenderán limpeza e rexeneración de praias, áreas recreativas e espazos naturais, xardíns, etc. As condicións laborais deste persoal rexerase polo disposto no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial, e supletoriamente polo disposto no Estatuto dos traballadores. Así, a xornada a tempo completo será de 37,50 horas semanais. O horario de traballo será determinado por cada concello. Con respecto á retribución económica, os salarios dos Peón-Operario será de 1.286,09 euros brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras. O período vacacional será en todos os casos de 11 días.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com