Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

Deputación presenta o programa dos 9 cursos que a Universidade Menéndez Pelayo desenvolverá en la provincia de Pontevedra

por VM - 26/05/2009
 
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, o director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, José Luis Barreiro, presentaron este luns no Pazo Provincial o programa de cursos de verán que a Universidade impartirá en distintos concellos da provincia de Pontevedra. REMITIDA.

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, o director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, José Luis Barreiro, presentaron este luns no Pazo Provincial o programa de cursos de verán que a Universidade impartirá en distintos concellos da provincia de Pontevedra grazas á colaboración da institución provincial. No acto de presentación tamén participaron o vicerreitor de centros da UIMP, Ángel Pelayo, e a vicerreitora de Extensión Cultural da Universidade de Vigo, Carmen Cabeza.

Os cursos, que serán un total de nove este ano e suporán un investimento de 400.000 euros, deron xa comezo co titulado 'O patrimonio arqueolóxico no Val Miñor e Baixo Miño: modelos de aproveitamento sostible e didáctica ambiental', impartido por Carlos Méixome Quinteiro, licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e profesor de Xeografía e Historia. Tivo lugar en Gondomar do 7 ó 9 de maio.

'Territorio: Ordenar para competir', a cargo de Román Rodríguez González, profesor titular de Xeografía da Universidade de Compostela, desenvolverase en Lalín, do 22 ó 24 de xuño. Mentres, o curso 'A xestión do protocolo en tempos de crise: Protocolo gobernamental, local e empresarial', impartido María Esther Regueiro Fernández, conselleira de RTVG e exdirectora xeral de Protocolo da Xunta de Galicia, terá lugar en Vigo, do 24 ó 26 de xuño.

'A Crise económica internacional. Claves e retos para a economía galega' correrá a cargo de Gonzalo Caballero Míguez, e de María Dolores Garza Gil, do departamento de Economía da Universidade de Vigo. En Vigo, do 29 de xuño ó 3 de xullo; 'Xestión de residuos sólidos urbanos', impartido por Jesús Manuel Torres Palenzuela e Carlos Franjo Franjo. En Vigo do 14 ó 17 de xullo; 'Tolerancia e intolerancia xurídica a un lado e ó outro do Atlántico' a cargo de Emma Montanos Ferrín, Catedrática de Historia do Dereito e das Institucións da Universidade de A Coruña. Celebrarase en Sanxenxo, do 27 ó 31 de xullo; 'La Universidade que nos agarda', por Xosé Carlos Arias Moreira. En Vilagarcía, do 31 de agosto ó 4 de setembro; 'A crise da comunicación en tempos de recesión', a cargo de Xosé López García, catedrático de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. En Aciveiro (Forcarei-Pontevedra), do 21 ó 22 de setembro.

Por último, 'A guerra da independencia en Galicia: derrota e vitoria (1808-1809) (II-Pontesampaio, 200 anos despois', por José María Portillo Valdés, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade do País Vasco e de Manuel María Artaza Montero, profesor titular de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela. Terá lugar en Pontevedra, do 21 ó 23 de setembro.

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) é a universidade pioneira e decana en España en Cursos de Verán e Cursos de Lingua e Cultura Española para Estranxeiros. Segundo informou Barreiro, esta institución educativa está a traballar para darlle un novo enfoque a estes cursos co obxecto de adaptalos ás demandas actuais. Así, de cara ó 2010 pretenden incluír un curso de inmersión en Inglés, no que os alumnos convivirán nun mesmo entorno durante varios días, e un curso de postgrado on-line tamén relativo á tradución do inglés.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com